You are hereBlogues
Blogues
Semana de torneo e recollida solidaria
Esta semana, dous grupos de alumnos están a por en marcha o seu proxecto efímero para o módulo de EIE. Salva, Miguel, Anxo, Estefanía, Moisés e Elías organizan o torneo "Fifa for fun" no que participarán unha veintena de alumnos co obxectivo de gañar a copa de campión. Por outra banda, Cristina, Fátima e Sara están a levar a cabo unha recollida solidaria de alimentos, revistas e libros e a cambio da participación regalan unha piruleta. Parabéns aos dous grupos por poñer en marcha os dous proxectos.
Finanzas para mortais
O xoves 25 de xaneiro e o 2 de febreiro, o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos asiste ás conferencias tituladas "Como labrarme un futuro?" dentro do programa Finanzas para mortais. O relator, Miguel Albaladejo, explica as diferenzas entre ser asalariado e autónomo e as distintas formas de financiamento para autoempregarse.
Xornadas de primeiros auxilios 2018
Volven as charlas prácticas de primeiros auxilios impartidas polo alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia que cursa o módulo de "Primeiros auxilios". Entre o xoves 18 de xaneiro e o venres 26 de xaneiro, todos os estudantes do centro recibirán unhas nocións básicas sobre como actuar en caso de ter que socorrer a unha persoa accidentada.
- Enlace da reportaxe emitida na RTVG: "Estudantes dun instituto ensinan primeiros auxilios"
- Enlace a reportaxe da Voz de Galicia: "Cuando el profesor es el alumno"
- Enlace a reportaxe de Faro de Vigo: "Alumnos del IES Montecelo enseñan los conceptos básicos de los primeros auxilios a sus compañeros"
Peludos invisibles: proxecto solidario
Fabián, María e Raquel cumpriron os obxectivos do seu proxecto efímero titulado "Peludos invisibles" vendendo os 100 chaveiros cun fin solidario: doar as ganancias á protectora canina de Sanxenxo. O proxecto estaba programado para a semana do 15 ao 19 de xaneiro, pero en dous días lograron vender todo. Parabéns emprendedores!
En busca do emprendemento
Comezamos o segundo trimestre "emprendendo". O alumnado do módulo de Empresa e iniciativa emprendedora compartiu dúas sesións con expertos no mundo da empresa para profundizar no concepto do emprendemento.
O xoves 11 de xaneiro, o técnico do IGAPE Enrique Armesto e o socio fundador da empresa "Mediación móvil" Ignacio Fernández charlaron sobre a opción do autoemprendemento.
O luns 15 de xaneiro, Teresa Balado, asesora de "espazo coop" charlou sobre a formación de sociedades cooperativas.
Última chamada para participar na edición da revista do centro
Aínda estás a tempo de participar na edición da revista do centro deste curso. Anímate a participar cun escrito, fotografías, entrevistas,... ou o que queiras. O prazo está aberto ata finais de xaneiro
Proxectos efímeros 2018
Despois dun primeiro trimestre ideando e planificando un proxecto efímero para realizar no centro, este mes de xaneiro comeza a súa posta en marcha. Os proxectos efímeros están ideados polo alumnado de 2º curso dos ciclos formativos para o módulo de Empresa e iniciativa emprendedora. Esperamos a vosa participación nas distintas actividades, concursos, torneos, etc. que terán lugar na sesión do recreo.
Felices festas
Autor: Alexandre Martínez Pérez (ciclo medio de Preimpresión dixital). Gañador do concurso de postais navideñas.
De Erasmus a Verona
A alumna Helena Pazos trasládase a Verona, entre o 8 de xaneiro e o 30 de maio, para realizar as prácticas de ciclo de Preimpresión dixital nunha empresa de Artes Gráficas dentro de programa europeo KA102. Desexámoslle unha feliz experiencia. @ERASMUS+
Listaxes definitivas dos programas europeos
Publicadas as listaxes definitivas do alumnado solicitante de Programas Europeos:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »