You are hereBlogues

Blogues


Listaxes adxudicación nos ciclos do IES Montecelo. Curso 2018-2019

Réxime ordinario

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 17 de xullo ata as 13:00 horas do martes 24 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para consultar as listas de espera pulsa enriba


- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

Nos arquivos adxuntos tendes as listaxes do alumnado adxudicado por ciclo no noso centro

 

CM Farmacia e parafarmacia

CM Impresión gráfica

CM Preimpresión dixital

CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

CS Deseño e xestión da produción gráfica

Acceso a 2º curso. Proceso non centralizado. Convocatoria 2018

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 17 de xullo ata as 13:00 horas do martes 24 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A documentación necesaria podes vela aquí.

Nos documentos adxuntos podedes consultar as seguintes listaxes:

Listaxe de adxudicación

Listaxe definitiva de solicitantes

Listaxe provisional de solicitantes

Expedición de títulos académicos

PAGO TAXAS DEPÓSITO TÍTULO CICLOS FORMATIVOS LOE

IMPORTANTE: NON PODE FACER O PAGO DE TAXAS ANTES DA DATA QUE LLE INDIQUEN NO CENTRO EDUCATIVO

TAXAS 2022 (TARIFA NORMAL): CICLOS MEDIOS LOE: 22,07€. CICLOS SUPERIORES LOE: 54,00€

TAXAS 2022 (FAMILIAS NUMEROSAS 1ª CATEGORÍA): CM LOE 11,06€, CS LOE: 27,03€

TAXAS 2022 (FAMILIAS NUMEROSAS CATEGORÍA ESPECIAL): EXENTAS DE PAGO

NO VÍDEO E NO DOCUMENTO ADXUNTO PODE VER O PROCEDEMENTO NA SEDE ELECTRÓNICA OU SOLICITAR IMPRESO DE TAXAS NO CENTRO OU NA ENTIDADE BANCARIA.

Matrícula alumnado con praza adxudicada en 1º por 1ª vez.

O día 17 de xullo publicaranse as listaxes de adxudicación no seguinte enderezo  

             

Admisión grao medio :http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2018-2019 

Admisión grao superior: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647

Ese mesmo día e ata o día 24 de xullo ás 13:00h, deberase realizar a matrícula no centro adxudicado.

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA

Acceso a 2º curso. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2018

Publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de solicitantes.

Informámosvos que para 2º de ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITODIAGNÓSTICO non hai prazas vacantes para o 2º curso.

Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2018

Publicadas as listas provisionais de solicitantes.

Non son listas de ADXUDICACIÓN de prazas.

As listas de ADXUDICACIÓN publicanse o día 17 de xullo.

Nestas listas provisionais é necesario comprobar que os datos persoais, número dni, nota de acceso, etc. sexan correctos e que a  elección de ciclos sexa a marcada na solicitude.

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-ciclos-formativos-listaxes-provisionais-solicitantes-convocatoria-2018

Xa está aquí o nº29 da revista Século 21

Xa temos un novo exemplar da revista Século 21 con información e fotos do curso 2017-18. Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística, aos maquetadores de 1º curso do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica e a todos os redactores e participantes, alumnado e profesorado, que fixeron posible encher de contidos este novo número da nosa revista. Moitas grazas!

Pincha na imaxe e poderás ler a revista. Os números anteriores están dispoñibles no menú "Revista escolar" da web do centro.

Calendario admisión ciclos medios e superiores

No documento adxunto tendes todas as datas importantes no proceso de admisión.

Información xeral de admisión. Curso 2018/2019

 

No seguinte enlace podedes atopar toda a información relativa a admisión de ciclos medios e superiores para o vindeiro curso.

 

http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral