You are hereBlogues

Blogues


Listas provisionais Mobilidade Erasmus+

Publicadas as listaxes provisionais de seleccionados para participar nas mobilidades Erasmus+ 2018-2019:

Medalla de ouro nos Galicia skills

Parabéns aos nosos alumnos Adrián Darriba Bello e Alberto Martínez Garrido e aos docentes do departamento de Agraria por acadar a medalla de ouro nos Galicia Skills 2018.

Ligazón a nova de prensa: "Ver la FP Básica como una oportunidad" (La Voz de Galicia, 5/12/2018)

Día internacional contra a violencia de xénero

Outro ano máis, o IES Montecelo realiza un acto para concienciar sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade. Alumnado e traballadores do centro participaron nunha "perfomance" lembrando ás vítimas do último ano.

Imaxe gañadora do Magosto 2018

O alumno Agustín Caporallini, estudante de 2º do ciclo medio de Preimprexión dixital, é o autor da fotografía gañadora do concurso organizado por motivo do Magosto. Parabéns!

 

 

 

Probas de nivel de idioma Erasmus+

Horario das probas de nivel de idioma para participar no programa Erasmus+:

Mércores 21 de novembro ás 11.30 horas:

- Inglés no salon de actos.

- Portugués na biblioteca.

Convocatoria dos programas de mobilidade 2018-2019

¿Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo  de Grao Superior  e gustaríache  participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de  2018? ¿Ou o teu caso é que es alumno/a  do Ciclo Medio e estás interesado en  facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo?

Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo  estará aberto dende o  13 de novembro ata o 16 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmuscifpmontecelo@gmail.com  ou a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos

Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa  onde se indicarán  os requisitos, bases de participación e criterios de selección.  

Mira os documentos adxuntos. Anímate e participa!