You are hereBlogues / blogue de admin / En "Pontevan" á inauguración de Etiqueta Negra, a feira gourmet 100% galega

En "Pontevan" á inauguración de Etiqueta Negra, a feira gourmet 100% galega


Hoxe día 26 de setembro presentouse a segunda edición da feira "Etiqueta Negra Gourmet", que se celebrará na cidade de Pontevedra os días 28, 29 e 30 deste mes, e que mellor ocasión para poñer en marcha a "Pontevan" e amosar o traballo realizado de forma colaborativa entre o CIFP Carlos Oroza, o CIFP A Xunqueira, o IES Frei Martín Sarmiento e o IES Montecelo.