You are hereArtes Gráficas
Artes Gráficas
OFERTA DE TRABALLO
Empresa de artes gráficas oferta posto de traballo de aprendiz/axudante offset para incorporación inmediata.
Interesados enviar Curriculum Vitae a ies.montecelo@edu.xunta.es co asunto "Oferta offset"
En "Pontevan" á inauguración de Etiqueta Negra, a feira gourmet 100% galega
Hoxe día 26 de setembro presentouse a segunda edición da feira "Etiqueta Negra Gourmet", que se celebrará na cidade de Pontevedra os días 28, 29 e 30 deste mes, e que mellor ocasión para poñer en marcha a "Pontevan" e amosar o traballo realizado de forma colaborativa entre o CIFP Carlos Oroza, o CIFP A Xunqueira, o IES Frei Martín Sarmiento e o IES Montecelo.
Nova decoración no corredor do centro: lembrando as Galcamisetas
Decoración do corredor do centro, realizada polo alumnado de FP básica de Artes Gráficas) homenaxeando aos gañadores do concurso "Galcamiseta".
Congreso Innova FP 2017
Alumnado e profesorado do departamento de Artes Gráficas asistiron ao congreso Innova FP do 10 ao 12 de maio de 2017 para presentar "PonteVan", proxecto coordinado polo CIFP Carlos Oroza no que colaboran o IES Frei Martín Sarmientos, o CIFP A Xunqueira e o IES Montecelo.
IV Encontros Gráficos
O alumnado e profesorado da familia profesional de Artes Gráficas participou nos IV Encontros Gráficos, celebrados no salón de actos do noso centro. Nesta xornada técnica participaron José Crespo, xefe do departamento de preimpresión de Domiberia SLU, e Daniel Arranz, experto en xestión de cor de Ebysolutions.
Ligazón á noticia publicada en A voz de Galicia sobre estas xornadas.
Visita técnica a empresas do sector de artes gráficas
Alumnado e profesorado do departamento de Artes Gráficas desprázanse a Oporto para realizar unha visita técnica a empresas do sector, concretamente a "Multitema-soluçôes De Impressâo SA" e "Calheiros Embalagens". ´Tamén achegaranse ao "Museu Nacional da Imprensa".
Parabéns!
Parabéns ao alumnado de 2º do ciclo superior de Produción en industrias de artes gráficas pola exposición dos seus proxectos integrados!
Presentación de proxectos integrados
Dende o mércores 9 ata o xoves 17 de marzo, o alumnado de 2º do ciclo superior de Produción en artes gráficas presenta os proxectos elaborados no módulo "Proxecto integrado".