Pablo Terroba Seara, enxeñeiro químico, analista de combustibles e lubricantes do equipo Red Bull de Fórmula 1, deu unha charla na Biblioteca do CIFP Coroso.
O alumnado dos ciclos de Edificación visitaron a rehabilitación integral dun antigo estaleiro na enseada de Broña, en Outes. A rehabilitación realizouse mantendo as características orixinais do vello estaleiro do ano 1942, sendo reutilizadas pezas orixinais como as cerchas da cuberta ou as táboas do cerramento do taller.
Reportaxe video gráfico das verificacións técnicas levadas a cabo pola organización do Rally Ribeira 2023 nas instalacións do Dept. de Automoción do CIFP Coroso.
Á nosa mente encántalle clasificar; é unha crack etiquetando toda clase de situacións, momentos, persoas...Catalogamos o mundo que nos rodea para ter a percepción de certo orden e estabilidade.
Estamos rodeados de etiquetas postas por outras persoas ou incluso, por nós mesmos. Pero estas etiquetas non nos representan. Moitas delas, son como un post-it e son temporais, pero tamén existen outras que son unha tatuaxe, cronifícanse e van deixando marca na nosa personalidade.
O pasado día 15 deste mes de novembro, en horario de 09:30 a 11:30 da mañan, tivo lugar na Biblioteca do CIFP Coroso unha nova actividade; Tecendo Redes, a cal trouxo como persoa invitada, a Armando Rosal Rey.
Con motivo do día das Bibliotecas , 24 de outubro e baixo o lema " Unha biblioteca diversa: un mundo por explorar" o noso alumnado de FPB desfrutou visionando a película Billy Elliot. Xa que este ano nos centrámos na igualdade, respecto e diversidade entre as persoas.
Con motivo da celebración do Samaín realizáronse no centro varias actividades: decoración do centro con temática de Samaín e defuntos, elaboración e degustación de produtos típicos desta data e como peche da semana, contamos coa presenza do monologuista Quico Cadaval que nos descubriu contos e historias cun mesmo fío condutor, o mundo dos vivos e dos mortos.