Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

BOLSAS DE AXUDA AO ESTUDO 2023-24

Publicadas as BOLSAS XERAIS DE AXUDA AO ESTUDO. O prazo é do 27 de marzo ata o 17 de maio  do 2023. Non esquezades solicitar a  vosa bolsa si tedes pensado realizar estudos post-obrigatorios no curso 2023-24. Máis información premendo aqui, ou na imaxe abaixo indicada.

IDENTIDADE - CONVERSAS CON NEE BARROS

O vindeiro 30 de marzo contamos coa presenza de Nee Barros, autor da obra de teatro Identidade.

Conversas con Nee Barros

8M - DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Un ano máis, no CIFP Coroso dicimos Parabéns a todas as mulleres! Celebramos o 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Disque meigas e tolas….somos mulleres”.

Dia Internacional da Muller  - 8M

ENCONTROS LITERARIOS NO CIFP COROSO

A escritora galega Fina Casalderrey tivo un encontro literario co noso alumnado de FPB , Para transmitirlle a súa pasión pola escritura, a lectura e a creación de contidos en lingua galega.

Fina Casalderrey no CIFP Coroso

ENCONTROS LITERARIOS 2023

O mércores 15 de febreiro contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey. Un encontro literario no que o alumnado de FPB poderá aprender moito dunha recoñecida escritora, guionista e gran defensora da lingua galega.

Encontros literarios 2023

INFORME INSERCIÓN LABORAL ANO 2022

Informe cos datos relativos á inserción laboral do alumnado do CIFP Coroso durante o ano 2022. Este estudo recolle os datos das diferentes familias profesionais que se imparten no centro, e tamén os distintos períodos nos que o alumnado realiza as prácticas en empresas.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 FEBREIRO

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, 11 de febreiro, no CIFP Coroso queremos celebrar unhas xornadas de ciencia.

Xornadas Muller e Nena na Ciencia 2023

CALENDARIO PROBAS ACCESO CICLOS SUPERIORES 2023

Publicouse o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior da convocatoria 2023. Si queredes inscribirvos tedes información de como facelo e tamén outros datos relativos aos horarios, datas, etc facendo clic neste enlace ou premendo no logo seguinte.

VISITA DE ALVARO BALEATO, ENXEÑEIRO DE RED BULL RACING

O CIFP Coroso contou este venres 23 cunha visita moi especial. Alvaro Baleato, enxeñeiro do equipo Red Bull de Formula 1, compartiu a mañá co alumnado do ciclo de Automoción que se imparte neste Centro.

Alvaro Baleato, enxeñeiro de Red Bull Racing Formula 1 visita Coroso.

VIAXE A PORTO DOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

O alumnado de 2º curso dos ciclos medios e superiores realizaron unha viaxe á cidade de Porto (Portugal), os días 29 e 30 de novembro.

Viaxe a Porto
Organizada dende Emprendemento, e co obxectivo de fomentar o seu espíritu emprendedor  coñecer en directo varios sectores produtivos: unha conserveira e unha bodega.
Un total de 44 alumnos/as  que cursan o módulo de EIE disfrutaron desta viaxe.

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS