Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022

Participade no concurso das Letras Galegas, só por cubrir o cuestionario xa teredes un agasallo e logo entraredes no sorteo dun regalo sorpresa.

Concurso Letras Galegas 2022

Animádevos a participar e a descubrir  cousas curiosas do autor homenaxeado este ano..

PROGRAMA EDUEMPRENDE ATRÉVETE

O alumnado do CEIPP de Frións e tamén o do CEP de Carreira de 5º e 6º de primaria participaron neste curso no PROGRAMA EDUEMPRENDE  "ATRÉVETE".

Alumnado do CEIPP Frións (Carreira-Ribeira)

Neste programa perséguense varios obxectivos:

FAI O TEU PROXECTO EN GALEGO !

O  mellor proxecto de cada especialidade levará de agasallo unha memoria USB e entrará no sorteo dunha TABLET xunto co mellor proxecto das outras especialidades do CIFP Coroso! Anímate posto que unha TABLET pode ser túa!. Clica na imaxe para máis información.

Fai o teu proxecto en galego !

23 DE ABRIL - DIA MUNDIAL DO LIBRO

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO LIBRO NO CIFP COROSO O 23 DE ABRIL.

Imos celebrar a IV Edición de "Libros ao clareo". Toda a comunidade educativa pode participar enviando a súa recomendación sobre un libro que lle gustase moito. Todas as recomendacións serán expostas na entrada do centro novo. Anímate !!! . Só por participar poderás gañar unha mochila.

INFORMACIÓN BOLSAS ESTUDOS CURSO 2022-23

BOLSAS PARA REALIZAR ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022-23. MINISTERIO DE EDUCACIÓN.

Este ano o prazo adiantouse, comeza o 30 de marzo e rematará o 12 de maio (incluído).
Aquelas persoas que non a soliciten dentro deste prazo, despois xa non poderán facelo. Asi que é moi importante ter en conta estas datas. Posteriormente no mes de setembro poderase rectificar a solicitude.

Presentación en Streaming do Centro Zaragoza

Presentación en Streaming do Centro Zaragoza na Biblioteca do CIFP Coroso. O obxectivo desta presentación é que o alumnado de Automoción (1º e 2º) coñeza as actividades que se realizan nese centro de investigación. Ademais, explicáronse as oportunidades profesionais que ofrece a formación de Peritos de Seguros de Automóbiles.

Centro Zaragoza na Biblioteca do CIFP Coroso

Probas de acceso a Ciclos de Grao Medio 2022

Publicadas as datas para as probas de acceso a Ciclos de Grao Medio, da convocatoria 2022.

Prema nesta ligazón ou no logo correspondente para ver a información.

Convocatoria de novos Cursos AFD no CIFP Coroso

OFERTA DE CURSOS AFD ( Actividades Formativas para Desempregados/as) no CIFP Coroso para o ano 2022.
Ofértanse 3 cursos para desempregados no CIFP Coroso, totalmente  gratuítos e de Niveis I e II.

Máis información clicando no logo ou descargando este documento.

Celebramos o Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celebraremos no CIFP Coroso o día de Rosalía.

Día de Rosalía de Castro

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS