VIII XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CIFP COROSO DE RIBEIRA
VIII XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CIFP COROSO DE RIBEIRA.
O xoves 6 de xuño e o venres 7 de xuño de 2019. En horario de mañá
Durante estes 2 días visitarannos no CIFP Coroso alumnado de 4º ESO de varios centros da contorna:
IES Espiñeira de Boiro, IES Pobra e os IES Leliadoura, IES N.º1, CPR Sagrado Corazón, CPR A Milagrosa e CPR Bayón, todos pertenentes ao concello de Ribeira.
Segundo a información da que dispoñemos, arredor de 130 alumnos/as pasarán polo CIFP Coroso durante esta xornada.
Durante a visita o alumnado poderá acceder aos talleres nos que se imparten os diferentes ciclos formativos de grao medio das 4 familias profesionais que se ofertan no noso centro. Faráselle unha visita guiada por esas instalacións e poderán falar co profesorado e alumnado que alí se atope.
O obxectivo é que coñezan en directo que estudos se ofertan e tamén que se traballa nos distintos módulos profesionais para poder tomar unha decisións o máis axeitada posible aos seus intereses e motivacións.
Cada visita durará arredor de unha hora e media.
Organiza: Dpto. Información e Orientación Académica e Profesional.
Participa: Profesorado das familias profesionais.
Orientación
Departamento de Orientación
.
O Departamento de Información e Orientación Profesional do Centro, actúa nos seguintes campos:
ASESORAMENTO DO ALUMNADO EN RELACIÓN A ASPECTOS ACADÉMICOS:
- Convalidacións de módulos profesionais e exencións.
- Probas de acceso de Grao Medio e Superior; convocatorias, prazos, exencións...
- Probas libres de ciclos formativos.
- Probas para obter o título da ESO ou Bacharelato: Ensinanzas en réxime de adultos e mediante proba libre.
- Probas para o acceso á Universidade.
- Bolsas e axudas ó estudo; prazos, trámites, cuantías, requisitos...
- Premios extarordinarios de ciclos formativos de grao superior.
- Estudos superiores: graos universitarios.
- Información sobre residencias e centros residenciais docentes.
- Información sobre estudos oficiais de idiomas.
- Información sobre a obtención do CELGA.
ASESORAMENTO A PERSOAS TRABALLADORAS E DESEMPREGADAS
- Información sobre a oferta de cursos AFD (Actividades Formativas para Desempregados) no CIFP Coroso e na contorna, así como información regrada e non regrada na nosa Comunidade.
- Probas libres para obter os carnés profesionais.
- Procedemento de acreditación de competencias profesionais pola experiencia profesional.
- Asesoramento e trámites para obter certificados profesionais.
ATENCIÓN E ASESORAMENTO A ALUMNADO CON NEE (NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS)
- Asesorando ó alumnado, familias e profesorado na implementación de medidas para atender ditas necesidades e favorecer a súa aprendizaxe.
INFORMACIÓN DO EIDO LABORAL
- Coordinación cos servizos de orientación dos Concellos na difusión da oferta formativa elaboral da contorna: ofertas de emprego relacionadas cas familias profesionais que aqui se imparten.
COORDINACIÓN MULTIDISCIPLINAR
- O Departamento colabora activamente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca, para a organización e desenvolvemento de actividades ó longo do curso no eido da cultura e promoción do galego no Centro.
- Tamén traballa conxuntamente cos centros educativos de ensino secundario para programar actividades conxuntas e dar a coñecer a oferta educativa do CIFP Coroso.
- Colaboración cas asociacións de persoas con diversidade funcional AMBAR e AMICOS para favorecer a convivencia e a integración.
Bolsas de axuda ó estudo
BOLSAS DE AXUDA Ó ESTUDO PARA O CURSO 2019-2010
1 - Estudos para os que se pode solicitar bolsa:
- Bacharelato
- Ciclos formativos de grao medio e superior
- Formación Profesional Básica
- Ensinanzas universitarias de Grao e Master, idiomas...
2 - Cómo se solicitan?
As bolsas cubriranse directamente a través de Internet, neste enderezo web.
Unha vez na web seguir os pasos correspondentes.
Ir ó enlace Becas Generales - Estudios no Universitarios - Solicita tu beca no universitaria.
Marcar o tipo de acceso; certificado, clave, etc... e seguir as instruccións.
3 - Lugar e prazo de presentación da solicitude:
Unha vez que se cubran os distintos apartados da bolsa e non presente erros, xa se presenta mediante formulario on-line. O MEC enviará un correo electrónico co resgardo da presentación. Non hai que aportar documentación.
DENDE O 1 DE AGOSTO ATA O 1 DE OUTUBRO (INCLUíDO)
Para obter máis información persoalizada, poderase chamar ós seguintes teléfonos:
- 981 184 741 - A Coruña
- 910 837 937 - Madrid (das 09:00 h ata as 17:30 h)
Visita do escritor Manuel Núñez Singala
O próximo 19 de febreiro visitaranos Manuel Núñez Singala. Agardamos a vosa asistencia !
VIII XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CIFP COROSO DE RIBEIRA
VIII XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CIFP COROSO DE RIBEIRA.
O xoves 6 de xuño e o venres 7 de xuño de 2019. En horario de mañá
Durante estes 2 días visitarannos no CIFP Coroso alumnado de 4º ESO de varios centros da contorna:
IES Espiñeira de Boiro, IES Pobra e os IES Leliadoura, IES N.º1, CPR Sagrado Corazón, CPR A Milagrosa e CPR Bayón, todos pertenentes ao concello de Ribeira.
Segundo a información da que dispoñemos, arredor de 130 alumnos/as pasarán polo CIFP Coroso durante esta xornada.
Durante a visita o alumnado poderá acceder aos talleres nos que se imparten os diferentes ciclos formativos de grao medio das 4 familias profesionais que se ofertan no noso centro. Faráselle unha visita guiada por esas instalacións e poderán falar co profesorado e alumnado que alí se atope.
O obxectivo é que coñezan en directo que estudos se ofertan e tamén que se traballa nos distintos módulos profesionais para poder tomar unha decisións o máis axeitada posible aos seus intereses e motivacións.
Cada visita durará arredor de unha hora e media.
Organiza: Dpto. Información e Orientación Académica e Profesional.
Participa: Profesorado das familias profesionais.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2019
No seguinte enlace pódese consultar toda a información sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para a convocatoria do 2019:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2019 |
Información sobre as probas de acceso a Ciclo Superior
A continuación pódese consultar un documento con toda a información das probas de acceso a ciclo superior, que terán lugar o vindeiro 10 de abril no CIFP Coroso.