Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2019

No seguinte enlace pódese consultar toda a información sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para a convocatoria do 2019: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2019

 

Dates: 
martes, 28 Maio, 2019 - 09:00 a 21:00

Orientación

Departamento de Orientación

O Departamento de Información e Orientación Profesional do Centro, actúa nos seguintes campos:

ASESORAMENTO DO ALUMNADO EN RELACIÓN A ASPECTOS ACADÉMICOS:

  • Convalidacións de módulos profesionais e exencións.
  • Probas de acceso de Grao Medio e Superior; convocatorias, prazos, exencións...
  • Probas libres de ciclos formativos.
  • Probas para obter o título da ESO ou Bacharelato: Ensinanzas en réxime de adultos e mediante proba libre.
  • Probas para o acceso á Universidade.
  • Bolsas e axudas ó estudo; prazos, trámites, cuantías, requisitos...
  • Premios extarordinarios de ciclos formativos de grao superior.
  • Estudos superiores: graos universitarios.
  • Información sobre residencias e centros residenciais docentes.
  • Información sobre estudos oficiais de idiomas.
  • Información sobre a obtención do CELGA.

ASESORAMENTO A PERSOAS TRABALLADORAS E DESEMPREGADAS

  • Información sobre a oferta de cursos AFD (Actividades Formativas para Desempregados) no CIFP Coroso e na contorna, así como información regrada e non regrada na nosa Comunidade.
  • Probas libres para obter os carnés profesionais.
  • Procedemento de acreditación de competencias profesionais pola experiencia profesional.
  • Asesoramento e trámites para obter certificados profesionais.

ATENCIÓN E ASESORAMENTO A ALUMNADO CON NEE (NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS)

  • Asesorando ó alumnado, familias e profesorado na implementación de medidas para atender ditas necesidades e favorecer a súa aprendizaxe.

INFORMACIÓN DO EIDO LABORAL

  • Coordinación cos servizos de orientación dos Concellos na difusión da oferta formativa elaboral da contorna: ofertas de emprego relacionadas cas familias profesionais que aqui se imparten.

COORDINACIÓN MULTIDISCIPLINAR

  • O Departamento colabora activamente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca, para a organización e desenvolvemento de actividades ó longo do curso no eido da cultura e promoción do galego no Centro.
  • Tamén traballa conxuntamente cos centros educativos de ensino secundario para programar actividades conxuntas e dar a coñecer a oferta educativa do CIFP Coroso.
  • Colaboración cas asociacións de persoas con diversidade funcional AMBAR e AMICOS para favorecer a convivencia e a integración.

Bolsas de axuda ó estudo

BOLSAS DE AXUDA Ó ESTUDO PARA O CURSO 2019-2010

 

1 - Estudos para os que se pode solicitar bolsa:

  • Bacharelato
  • Ciclos formativos de grao medio e superior
  • Formación Profesional Básica
  • Ensinanzas universitarias de Grao e Master, idiomas...

 

2 - Cómo se solicitan?

As bolsas cubriranse directamente a través de Internet, neste enderezo web.

Unha vez na web seguir os pasos correspondentes.

Ir ó enlace Becas Generales - Estudios no Universitarios - Solicita tu beca no universitaria.

Marcar o tipo de acceso; certificado, clave, etc... e seguir as instruccións.

 

3 - Lugar e prazo de presentación da solicitude:

Unha vez que se cubran os distintos apartados da bolsa e non presente erros, xa se presenta mediante formulario on-line. O MEC enviará un correo electrónico co resgardo da presentación. Non hai que aportar documentación.

 

DENDE O 1 DE AGOSTO ATA O 1 DE OUTUBRO (INCLUíDO)

Para obter máis información persoalizada, poderase chamar ós seguintes teléfonos:

  • 981 184 741 - A Coruña
  • 910 837 937 - Madrid  (das 09:00 h ata as 17:30 h)

 

 

 

Visita do escritor Manuel Núñez Singala

O próximo 19 de febreiro visitaranos Manuel Núñez Singala. Agardamos a vosa asistencia !

VIII XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CIFP COROSO DE RIBEIRA

VIII XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CIFP COROSO DE RIBEIRA.

O xoves 6 de xuño e o venres 7 de xuño de 2019. En horario de mañá

Durante estes 2 días visitarannos no CIFP Coroso alumnado de 4º ESO de varios centros da contorna:
IES Espiñeira de Boiro, IES Pobra e os  IES Leliadoura, IES N.º1, CPR Sagrado Corazón, CPR A Milagrosa e CPR Bayón, todos pertenentes ao concello de Ribeira.
Segundo a información da que dispoñemos, arredor de 130 alumnos/as pasarán polo CIFP Coroso durante esta xornada.
Durante a visita o alumnado poderá acceder aos talleres nos que se imparten os diferentes ciclos formativos de grao medio das 4 familias profesionais que se ofertan no noso centro. Faráselle unha visita guiada por esas instalacións e poderán falar co profesorado e alumnado que alí se atope.
O obxectivo é que coñezan en directo que estudos se ofertan e tamén que se traballa nos distintos módulos profesionais para poder tomar unha decisións o máis axeitada posible aos seus intereses e motivacións.
Cada visita durará arredor de unha hora e media.

Organiza: Dpto. Información e Orientación Académica e Profesional.
Participa: Profesorado das familias profesionais.
 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2019

No seguinte enlace pódese consultar toda a información sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para a convocatoria do 2019: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2019

 

Dates: 
martes, 28 Maio, 2019 - 09:00 a 21:00

VIII - Mesa redonda do emprendemento: Creando Futuro

O 26 de febreiro celebrouse no CIFP Coroso a VIII Mesa redonda do emprendemento. 

Agradecemos ós xerentes das empresas participantes a súa colaboración.

 

Información sobre as probas de acceso a Ciclo Superior

A continuación pódese consultar un documento con toda a información das probas de acceso a ciclo superior, que terán lugar o vindeiro 10 de abril no CIFP Coroso.

 Información sobre as probas de acceso 

a Ciclo Superior