Notas informativas

REVISTA ESCOLAR COIAS 2021 EDICIÓN AFOUTEZA SEIS

Enviado por ninesrey o Mar, 29/06/2021 - 01:12

Benqueridas familias:

 

Coa colaboración da exalumna Antía García Rivela e o Equipo de Normalización Lingüística "O Fiadeiro do Seis" temos o pracer de presentarvos a Revista Escolar Coias, feita con moito cariño para vós centrada no tema do curso escolar "Bailemos con Saúde no Seis" gozala.....

 

 

             

XA ESTÁ AQUÍ ¡!!! XA CHEGOU O VERÁN!!!!

Enviado por ninesrey o Mar, 22/06/2021 - 10:28

Benqueridas familias:

No día de hoxe finaliza o curso 2020/21. Un curso cheo de sentimientos diversos: inseguridades, preocupacións, medos, inquedanzas, incertezas, superacións, esperanzas, desenvolvementos, apoxeos, confianzas, desafíos, decisións, esperas, logros, conquistas,…..

            Dende o Equipo Docente e non docente queremos agradecervos o compromiso e a responsabilidade coa que asumíchedes todos os cambios derivados desta situación tan incerta e atípica que nos tocou vivir.

             

Unha vez máis decirvos que o éxito do curso foi un logro  de todo este gran Equipo Humano do que formades parte mestres e mestras , alumnos e alumnas, nais e pais, titoras e titores legais,  auxiliares técnicos educativos , conxerxes,  ANPA, clubes, persoal de limpeza, monitoras, …..Grazas a tod@s

            O verán é un tempo marabilloso para coller forzas.

Feliz verán  !!!!! Afouteza Seis!!!

 

                                

( categories: )

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO NOVO NO CENTRO CURSO 2021/22 (VER ADXUNTO)

Enviado por ninesrey o Dom, 20/06/2021 - 12:58

Estimadas familias o prazo para formalizar a matrícula vai dende 20 ao 30 de Xuño. Tedes que aportar a seguinte documentación:

1. Cubrir o Anexo III ( o podedes descargar do arquivo adxunto ou vir buscalo ao centro pola porta principal a partir das 9:30 sen cita previa).

2. Catro fotos tamaño carnet para infantil e dous para primaria.

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

4. Cadro de vacinación do alumno/a.

5. Especificar Alerxias e medicación se procede.

6. Se o alumn@ se matricula en Educación Primaria: Certificación do centro de procedencia que especifique se promociona ou non.

7. Cambio de Atencion Educativa/Valores sociais e cívicos/Relixión católica.

  Nota: As solicitudes presentarasen con cita previa no teléfono 886120180/82 preguntade por Alberto ou Araceli.

LIBROS DE TEXTO CURSO ESCOLAR 2021/22

Enviado por ninesrey o Sáb, 19/06/2021 - 13:41

Estimadas familias tedes no arquivo adxunto a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22 ou fai clic na imaxe

 

 

  

( categories: )

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS,MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA. CURSO 2021-2022.

Enviado por ninesrey o Dom, 06/06/2021 - 12:11

 

       

PRAZO DE PRESENTACIÓN     

O prazo de presentación das solicitudes será do 10 DE XUÑO ó 07 DE XULLO, ambos incluídos.(Ver catro arquivos adxuntos)

As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa, poderase solicitar a partir do luns 07 de xuño, a través de:

 

Teléfonos: 010 ou 986 810 260

Páxina web: www.vigo.org

Máis información: Sede electrónica ( convocatorias e subvencións)

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal

 Fixemos copias no centro dos arquivos adxuntos, se os necesitades en papel podedes vir pola porta principal sen cita a recollelos a partir das 9: 30h.

 

Xa está eiquí !!!!!!! Xa chegou!!!!!! O noso vídeo das bolboretas !!!!!!!

Enviado por ninesrey o Lun, 24/05/2021 - 21:00

Na Primavera das Letras os nenos e nenas do Ceip Seis do Nadal en homenaxe a Xela Arias fixeron este vídeo. Fai clic na imaxe e verás.........

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

Enviado por ninesrey o Ven, 21/05/2021 - 21:48

Para cubrir en liña  tedes  o enlace da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e procedemento por sede electrónica: 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=es

 Os modelos das solicitudes poderanse descargar na páxina web do centro( en arquivos adxuntos Anexos I-II), en edu.xunta.gal https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/11492459 ou recoller en papel  na porta principal  do centro.

Dita solicitude, no caso de que autoricen a consulta telemática dos datos, só deberá vir acompañada do Libro de Familia (orixinal e copia) , se fose o caso, sentenza de separación ou convenio regulador, onde conste quen ten a garda e custodia (orixinal e copia). 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

ATA O 22 DE XUÑO DE 2021

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

2 DE XULLO

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

O 5 E 6 DE XULLO

PERIODO DE LISTAXES DEFINITIVAS

O 8 DE XULLO

ENTREGA DE LIBROS

AO COMENZO DE CURSO

ENTREGA DE VALES EN XULLO

O DÍA 12 (1º e 2ºPrimaria),

O DÍA 13(3º e 4ºPrimaria)

E O DÍA 14(5º e 6ºPrimaria) 

 

 As listas plubicaranse unicamente no interior do edificio escolar. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente , a través da aplicación Fondo libros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

Documentación:

Solicitude: Anexo I- Anexo II 

1.Libro de familia  onde figueren todos os membros computables da unidade familiar. 

      1.1. No caso de que non se axuste a realidade  será preciso  o volante ou certificado de convivencia.

      1.2.En caso de separación ou divorcio será necesario achegar a setencia xudicial ou  convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

2.Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.

3.Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

4.Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

5.Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.

 

Comunicámosvos que o alumnado de 6º de Primaria que vai o IES ALEXANDRE BÓVEDA (986 292812) ten ata o 22 de Xuño para solicitar o fondo solidario. O periodo de matrícula vai desde o 1 ata o 10 de Xullo.

Para calquera  consulta  contade connosco nos teléfonos (886120180/886120182) preguntade por Alberto ou Araceli.

Parabéns o gañador de microrelatos Museo Liste!!!!!!!!

Enviado por ninesrey o Mar, 18/05/2021 - 00:00

      Parabéns!!!!!! o noso alumno Miguel Cuadrado Fernández de 5º Primaria A ,polo premio acadado no concurso de relatos do Museo Liste convocatoria "Como cambia o conto" na categoría 5º e 6º de Primaria. Adxuntamos relato premiado "Misterio da Santa Compaña".

      Desexamos disfrute deste premio recibido e agradecemos a colaboración de todo o alumnado que participiou. 

      Moitas Grazas

 

( categories: )

A CÁPSULA DO TEMPO !!!!!! ACTIVIDADE DE LINGUA GALEGA............ NON ABRIR ATA O 2036!!!!!

Enviado por ninesrey o Dom, 09/05/2021 - 17:50

 

As mestras de 5ºde Primaria fixeron unha actividade, en Lingua Galega, co noso alumnado :

A cápsula do tempo. Isto consistiu en facer unha carta, un debuxo ou foto para meter nun recipiente que adoptaron  como cápsula, despois enterrámolo  nun oco do xardín do cole  cunha baldosa  que puña “Abrir dentro de 15 anos ” .  Quedamos emprazados e emprazadas para vir ao cole e abrila nesa data nada máis e nada menos que no 2036 non esquenzades , vémonos !!!!!!!!!!

Go to :    https://learningtheropeswithlou.blogspot.com/2021/05/time-capsule-5th-graders-2020-2021.html   

         

 

          

 

 

                         

SPEAKING LESSONS WITH PRERNA !!!!!!!! PROXECTO do Departamento de Inglés para disfrutar das clases coa auxiliar de conversa en pequenos grupos

Enviado por ninesrey o Dom, 09/05/2021 - 16:55

Benqueridas familias:

-                        Aproveitamos para comunicar que o Equipo Docente e o Consello Escolar do Ceip Seis do Nadal aprobou a presentación do Proxecto do  Plan Plurilingüe presentado o 20/04/2021 o que se traduce que pasamos de centro Bilingüe a Plurilingüe sen esquecer o Fomento e a  Dinamización da Lingua Galega a desenvolver durante todos os cursos. 

                     Spring is already here, that's way on Tuesdays and Wednesdays, our 5th and 6th graders

 are having speaking lessons in small groups with our language assistant Prerna!!!!!

    

Go to …..https://learningtheropeswithlou.blogspot.com/

 

                     

 

                     

 

                                 

 

                  

( categories: )
Distribuir contido