Notas informativas

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Enviado por ninesrey o Lun, 11/01/2021 - 20:30

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2021/22  

Iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2021-2022.

 

Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria e alumnado de nee que cambia de escolarización. Co obxecto de reservar praza educativa no noso instituto adscrito (IES Alexandre Bóveda ).

Temporalización: Do 1 de marzo ata o 22 de Marzo .

O enlace é o seguinte:

 https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

A orde que o regula

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html

Pregamos leades as fases deste proceso.

PROCESOS

PRAZOS

XESTIÓN E DOCUMENTACIÓN

FASE I:

 

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS OU PARA CAMBIO DE ETAPA (INFANTIL A PRIMARIA)

 

 

11 DE XANEIRO

AO

8  DE FEBREIRO

ANEXO I

Enviar a solicitude ás familias de 6º de EP e NEE. Deberán cubrilo e entregalo na secretaría do centro actual

Modelo ED550A

Dispoñible na web da Xunta

 

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES

 

ANTES DO 1 DE MARZO

Estudio de vacantes do centro e carga na aplicación

Admisión de Alumnado

Publicación na web e no taboleiro interno do centro

 

FASE II:

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE PRAZA ORDINARIO (NOUTROS CENTROS OU NOVA ADMISIÓN)

 

DO 1 - 22 DE MARZO

 

ANEXO II e fotocopia do Libro de Familia

ED550B

Solicitalo no propio IES

Dispoñible na web da Xunta

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES  PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

 

ANTES DO 25 DE ABRIL

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES  DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

 

 

ANTES DO 15 DE MAIO (EXPOSTAS ATA COMENZO DO CURSO SEGUINTE)

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

 

FASE III:

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

20 – 30 DE XUÑO

Presentación da documentación no centro:

 

ANEXO III-1 e documentación solicitada polo centro

FASE III:

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

EN SECUNDARIA

 

25 XUÑO A 10 XULLO

 

CENTROS DE SECUNDARIA

 

 

 

REFERENCIAS NORMATIVAS:

 

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG Nº 53 – 15 DE MARZO DE 2013

 Orde do 25 de xaneiro de 2017 que modifica o procedemento para admisión de alumnado -DOG Nº 22 - 1 DE FEBREIRO de 2017

 Para calquera aclaración  contactade connosco no 886 120 180!!!!!

 

FELICITACIÓN DE NADAL !!!!!!!!

Enviado por ninesrey o Dom, 20/12/2020 - 23:46

  Benqueridas familias:

 Estamos a finais de ano e este é un bo momento para intentar  deixar atrás todo o dificultoso e penoso do 2020 e marcarnos novos retos e desafíos para o próximo 2021.

Por este motivo, queremos agradecer toda a paciencia e boa colaboración de toda a Comunidade Educativa e  a vosa confianza no noso  equipo humano docente e non docente. Seguiremos traballando cada día para seguir ofrecéndovos o  mellor para tod@s. 

 

( categories: )

CHEGOUUUU!!!!!!!!!!! O APALPADOR AO CEIP SEIS DO NADAL!!!!!!!!!!

Enviado por ninesrey o Dom, 20/12/2020 - 19:58

 

O Apalpador tamén coñecido coma pandigueiro  chegou o venres 18 ao noso colexio.

Viña moi canso da Terra de Trives.   Benvido Apalpadorrrrr!!!!!!!!

Podedes visitar o Fiadeiro e veredes que sorpresaaaaa   

https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/

 

 

                      

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE MÁSCARAS CEIP SEIS DO NADAL 2020/21

Enviado por ninesrey o Lun, 16/11/2020 - 08:57

 

           

 

 

FONDO SOLIDARIO DE MÁSCARAS

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación primaria. (Adxunto da orde)

 

Non teñen que presentar solicitude

 

O alumnado que foi beneficiado de    axuda de material escolar    da xunta no curso 2020/21. Xa tramitalo directamente.

 

Teñen que presentar solicitude

 

O alumnado que   non foi beneficiado de axuda de material escolar    da xunta no curso 2020/21, e cumpre os seguintes requisitos:

 

Ten renta pér capita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio 2018.

 

Alumnado matriculado en Educación Especial.

 

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Alumnado cun grado de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexoI) a seguinte documentación (ver anexo adxunto sede electrónica) https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E

 

 

Forma de presentación

 

De    forma presencial no centro    o alumnado que non foi beneficiado coa axuda de material escolar da Xunta no curso 2020/21 e cumpre algún dos requisitos. Petición de cita previa coas medidas preventivas de seguridade.

 

Prazo de presentación

 Do 16 ao 27 de Novembro de 2020

 

 

Teléfono de información do cole  886120180 atención dependendo de disposición do persoal. Grazas

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Lun, 02/11/2020 - 12:00

 

 

Benqueridas familias: 

Comunicámosvos que, seguindo as instrucións das autoridades Sanitarias, procedemos en base as instruccións por seguridade, a activar o Protocolo establecido nos cas@s covid positivos.

Tod@s os confinad@s atópanse ben de saúde cumplindo as medidas de illamento establecidas.

Queremos agradecer a rápida colaboración de todas as familias unha vez notificamos as situacións, así como as mostras de agradecemento por parte de tod@s.

Sabemos que son momentos difíciles e desexamos facelo o mellor posible. 

A canle para informar á escola dun caso sospeitoso ou para facer algunha consulta relacionada coa enfermidade é  a seguinte:

•Correo electrónico: cep.seisdonadal @edu.xunta.gal

•Correo electrónico titor/a

•Vía telefónica (preguntar responsables ou coordinador  equipo covid)

•886120180

•886120181

•886120182

 TELÉFONO INFORMACIÓN GALICIA : 900 400 116.

A escola seguirá o protocolo para contactar coas autoridades sanitarias competentes e notificar ás familias as decisiòns tomadas. Isto leva tempo, porque o Equipo COVID ten que esperar instrucións de Sanidade antes de poder actuar.Introducir na aplicación Educovid o verificado por Sanidade 

Grazas de antemán, familias, pola vosa comprensión, e... ánimo!   Xuntos conseguirémolo!!!!!!!

Afouteza Seis!!!!!!!!

Unha aperta

O Equipo COVID 

O Equipo Directivo

 

( categories: )

ENTRE TOD@S CONSEGUIREMOLO.... POR UN COMENZO SEGURO NAS AULAS

Enviado por ninesrey o Ven, 09/10/2020 - 21:55

Benqueridas, familias:

Damos un pasiño máis e seguimos actualizando e consolidando documentos, programas e plans para este novo curso. Queremos  e desexamos unha volta segura ás aulas.

Pregamos ler estes documentos para afianzar unha organización dinámica, segura e eficaz para a  nosa  saúde e convivencia. (Ver documentos adxuntos). Durante todo o curso escolar haberá flexibilidade e axustes organizativos para intentar mellorar entre tod@s.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

( categories: )

CIRCULAR INFORMATIVA DO CURSO 2020/21

Enviado por ninesrey o Lun, 05/10/2020 - 21:28

Estimadas familias tedes en arquivo adxunto a circular informativa de inicio de curso que enviamosvos en papel coma todos os anos polos vos@s fill@s.

( categories: )

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Xov, 01/10/2020 - 09:15

Prezadas familias no día de hoxe 1/10/2020 convocatoria da ANPA 18:00 horas (primeira convocatoria)e 18:30horas (segunda convocatoria) para falar do comedor escolar e matinal.

Entrada ao centro porta nº3 centro de saúde. 

Pregámoslles asistencia coas medidas de prevención pertinentes.

Entre tod@s o conseguiremos.

Moitas grazas

( categories: )

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL (PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2020/21, ver adxunto)

Enviado por ninesrey o Dom, 06/09/2020 - 01:13

Estimadas Familias do Ceip Seis do Nadal:

Dende o Equipo Docente, e desexando que disfrutedes de boa saúde, queremos facervos chegar as seguintes novas:

Inicio de curso 2020-21.

Seguindo a Orde do Calendario Escolar o novo curso escolar comezará o xoves 10 de setembro e o 11 de setembro de xeito gradual:

Xoves 10:  Soamente o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º-2º e 3º de Primaria

Venres 11:  Todo o alumnado anterior e a incorporación de  6º de Educación Infantil e 4º-5º e 6º de Primaria.

 

Protocolo Covid de inicio de curso

Nestes momentos seguimos traballando no protocolo covid de inicio de curso, plan de continxencia Sanitaria e de Educación a distancia e plan de acollida Inicial e Emocional ao novo curso para asegurar unha volta dos nosos alumnos e alumnas coas máximas condicións de seguridade e confianza seguindo o Protocolo das Consellerías de Educación e Sanidade última versión 31 de agosto(Ver anexo adxunto).Durante as versións iniciais do protocolo levamos a cabo xuntanzas cos equipos Directivos dos centros educativos e tivemos reunións cos Consellos Escolares solicitando melloras que consideramos de necesidade e unha resposta positiva  e social das nosas administracións. (Ver anexo adxunto)

Comedor, aula de madrugadores e actividades extraescolares

A data de 4 de setembro a ANPA do noso colexio comunicou ás familias nunha xuntaza xeral que non haberá servicio de comedor, aula matinal e actividades extraescolares. Entenden que estos servicios no son viables co actual Protocolo da Consellería de Educación e fai as ANPAS responsables das consecuencias derivadas.Lamentan a situación e queren trasladar ás familias que esta decisión busca o benestar colectivo, a seguridade do alumnado e a dignificación dun sistema educativo de calidade.

Convocatoria de folga do ensino para o 10 de setembro

As centrais sindicais do ensino (CIG, CCOO, STEG e CSIF) teñen convocada unha folga para o día 10 para reclamar un ensino presencial seguro e en contra do actual Protocolo. O profesorado en función do seu dereito fundamental á folga tomará a decisión oportuna.

Reunións pendentes inicio de curso coas familias:

   Luns 7 de setembro:

      4ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal

 

4ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial

3ºPrimaria A ás 18:00h entrada porta 1 principal

3ºPrimaria B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial

Martes 8 de setembro:

2ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal

2ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial

1ºPrimaria A ás 18:00h entrada porta 1 principal

1ºPrimaria B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial

1ºPrimaria C ás 18:00h entrada porta 5 taxis-comedor

 

Mércores 9 de setembro:

6ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal

6ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial

5ºE.Infantil A ás 18:00h entrada porta 1 principal

5ºE.Infantil B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial

5ºPrimaria A ás 19:30h entrada porta 1 principal

5ºPrimaria B ás 19:30h entrada porta 2 centro comercial

5ºPrimaria C ás 19:30h entrada porta 5 taxis-comedor

 

 

( categories: )

ENTRADAS E SAIDAS DO ALUMNADO DO CEIP SEIS DO NADAL curso 2020-21

Enviado por ninesrey o Sáb, 05/09/2020 - 02:00

No inicio do curso haberá moitos cambios organizativos (entradas, saídas, medidas de distanciamento, grupos estables de convivencia, etc). Iremos probando e flexibilizando adaptándonos aos cambios e  queremos solicitar, máis que nunca,  a colaboración e o compromiso de toda a Comunidade Educativa vos pedimos moita paciencia ao comezo de curso, implicación e concienciación para o cumprimento riguroso das normas que todos e todas deberemos adoptar.

ENTRADAS POR GOTEO. NON FILAS. CURSO 2020-2021 Ver cadro adxunto

O obxectivo principal da proposta que facemos a continuación é evitar aglomeracións e tempos de espera nas entradas e saídas.

O éxito deste plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto polas familias como por parte do profesorado.

PORTA 1: PRINCIPAL AO LADO DO APARCAMENTO

PORTA 2: VELLOS TAXIS, CENTRO COMERCIAL

PORTA 3: CENTRO DE SAÚDE. PORTA PEQUENA.

PORTA 4: CENTRO DE SAÚDE. PORTALÓN.

PORTA 5: TAXIS

PORTA 6: SAÍDAS EXTRAESCOLARES

*AS FAMILIAS NON PODERÁN ENTRAR AO RECINTO ESCOLAR

*ÁS 9H PECHARANSE AS PORTAS EXCEPTO INFANTIL QUE COMEZARÁ A ENTRAR ÁS 9H POR GOTEO.

INFANTIL:

Entrada pola PORTA 2, entrada dos antiguos taxis, do centro comercial.

6º E.I.  entran de 9h. A 9:10h.

5º E.I. de 9:10h. a 9:20h.

4º E.I. entran entre 9:20h. e 9.30h. (despois do período de adaptación).

1ºE.P. e 2ºE.P.:

Entrada pola PORTA 1, principal ao lado do aparcamento. A entrada é de 8: 45h. a 9h.

3º e 6º:

entrada pola PORTA 6, de Saídas extraescolares. A entrada é de 8: 45h. a 9h.

4º e 5º:

entrada pola PORTA 3 E 4, a do Centro de Saúde. A entrada é de 8: 45h. a 9h.

SAÍDAS POR FILAS ATA 4º E.P. E POR GOTEO 5º E 6º E.P. CURSO 2020-2021

PORTA 1: PRINCIPAL AO LADO DO APARCAMENTO

PORTA 2: VELLOS TAXIS, CENTRO COMERCIAL

PORTA 3: CENTRO DE SAÚDE. PORTA PEQUENA

PORTA 4: CENTRO DE SAÚDE. PORTALÓN.

PORTA 5: TAXIS

PORTA 6: SAÍDAS EXTRAESCOLARES

*AS FAMILIAS NON PODERÁN ENTRAR AO RECINTO ESCOLAR

*AS SAÍDAS SERÁN POLAS MESMAS PORTAS QUE AS ENTRADAS

SAÍDAS PRIMARIA: 1º, 3º e  4º de Primaria ás 13:55 h e 2º,5º e 6º ás 14:00 h

INFANTIL: sae pola PORTA 2, entrada dos antiguos taxis, do centro comercial.

4º E.I. – 13.45h.

5º E.I. – 13.50h.

6º E.I. – 13.55h.

*Sairán en filas cada clase coa mestra que teñan a última hora.

 

( categories: )
Distribuir contido