Notas informativas

LECTURA E FAMILIAS. SONIA HERMIDA....NON O PERDADES....

Enviado por ninesrey o Mér, 05/04/2023 - 00:00

Que sorpresa tan boa a do martes 11 de abril no CEIP PLURILINGÜE SEIS DO NADAL de Vigo,  Sonia Hermida  grazas ao programa Lectura e Familias,especialista en literatura Infantil cunha amplia experencia no mundo da literatura.Non perdan a oportunidade de escoitar os seus consellos prácticos e recomendacións de libros para diferentes idades.

Estamos seguros que Sonia Hermida no colexio aportará moito na promoción da lectura nas nosas crianzas, non o perdades contamos con vós....

Inscripcións en bibliotecaseisdonadal@gmail.com.

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2023/04/lectura-e-familias-con-sonia-hermida.html

https://soniahermida.com/sonia-hermida-recien-llegada-de-omundoaoreves/

 

https://soniahermida.com/category/libros/

( categories: )

LECTURA E FAMILIAS. EDUCACIÓN ARTÍSTICA/HABILIDADES CREATIVAS E EMOCIONAIS EN FAMILIA

Enviado por admin o Dom, 26/03/2023 - 12:55

 

          Que sorpresa tan boa a do xoves 30 de marzo no CEIP SEIS DO NADAL de Vigo,  Pablo   Otero    Rodríguez  artista visual e ilustrador  vai a estar con nós  nun obradoiro grazas ao programa  “Lectura e Familias “ .

 Teremos a oportunidade de gozar, falar, idear, debuxar, crear cunha gran diversidade de técnicas….

https://kalandraka.tv/videos/pablo-otero/

https://www.instagram.com/pablo_otero_rodriguez/

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2023/03/lectura-e-familias-con-pablo-otero.html

         As familias interesadas deberán anotarse ata o mércores 29 de marzo ata ás 24.00h no correo bibliotecaseisdonadal@gmail.com indicando o voso nome e o curso do voso fillo/filla.

 

Este obradoiro é unha gran oportunidade para que as familias pasen tempo xuntas e compartan unha actividade divertida e educativa.

 Paga a pena disfrutar e aprender a expresarse a través da arte e desenvolver a creatividade das nosas crianzas!!!!

Lembrade a sorpresa do  xoves 30  de marzo, ás 16:00/18:00 

Nota: O colexio ten a máis  material como cartulinas, pintura, pinceis, papeis,...

Contamos convosco, animarvos!!!!

 

                             

( categories: )

AVISO IMPORTANTE

Enviado por admin o Mér, 26/10/2022 - 11:05

 ESTIMADAS FAMILIAS, RECORDÁMOSLLES QUE O DÍA 

  LUNS 31 DE OUTUBRO VEN MARCADO NO CALENDARIO

  ESCOLAR 2022/2023 COMO DÍA DO ENSINO, POLO QUE

                 NON HABERÁ CLASE.

( categories: )

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS , MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR ESCOLAR

Enviado por ninesrey o Mar, 12/07/2022 - 22:10

            Estimadas familias do Ceip Plurilingüe Seis do Nadal xa podedes solicitar as axudas municipais do Concello de Vigo.

    Teñen por obxecto a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2a etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2022-2023. 

https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=327

 

( categories: )

LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2022/23

Enviado por ninesrey o Dom, 19/06/2022 - 20:12

Estimadas familias tedes a listaxe de libros de texto para o vindeiro CURSO  2022/23 no arquivo adxunto.

 

 

( categories: )

Información para a participación no Fondo Libros de Texto e Axudas para o Material Escolar, na Educación Primaria. Curso académico 2022/23.

Enviado por ninesrey o Ven, 20/05/2022 - 14:19

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23. Preme para ir na a convocatoria no DOG

Preme para ir o Portal Educativo

Prazo de presentación : Do 19 de maio ata  22 de xuño (incluído) de 2022

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación  Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentación:

1.   Presentacion no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

2.   Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

3.   Presentación  en secretaría do centro cubertos os anexos I e II podedes descargalos ou vir buscalos ao centro de 9.30 a 14.00 (Cita previa para a entrega 886120180)

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

AnexoII (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan o libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

Setenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Certificado ou volante de convivencia.

Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Nota Importante: O alumnado que vai o instituto adscrito e tod@s os que xa están admitidos teñen que entregalo no seu IES. Os que non teñen centro asignado o tedes que entregar no colexio.

Distribuir contido