INCIO CURSO 21/22: NORMAS E ORGANIZACIÓN

Continuamos co desenvolvemento do protocolo covid na mesma liña que o curso pasado. Adxuntamos  como documento adxuntoa circular de inicio de curso que enviamos tamén en papel a través do alumnado  e na seguinte infografía poden ver un resumo destas  picando en cada unha das palabras dos círculos.

TITORÍAS CURSO 21-22

PRIMEIRO

SEGUNDO

A

Marisa López Losada 

A

Iria Romay Pérez

B

María Regos Fariña

B

Diana Crujeiras Fernández

TERCEIRO

CUARTO

A

Mireia Gregori Arias

A

Irene Pose Paz

B

Sabela Hermo Pérez

B

Mª Josefina Pacheco Etchevers

QUINTO

SEXTO

A

Rosalía Álvarez Vidal

A

Silvia Rodríguez Dorribo

B

Genoveva Hermo Santos

B

Rosario Varela Fernández

C

Juan José Varela Álvarez

C

Jorge Guerrica-Echevarría Sancho

 

INGLÉS

Daniela Martínez Somoza

Estíbaliz Urizar Rodríguez

1º, 2º, 3º

Mª Angela Ayaso Monteagudo

4º-6º

E. FÍSICA

José Delgado Marco

5º, 6º

Covadonga Rocho Piniella

1º, 2º , 3º  4º

MÚSICA

Mª Jesús Gómez Pedreira

 

     

RELIXIÓN

Francisco Mareque León 

 

 

 

LISTAS MATERIAL

Deixamos as listas de material escolar que pasaron as titoras e titores.

INICIO CURSO 2021-22

As clases comezarán o vindeiro xoves día 9 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.

Como no curso pasado seguimos oo protocolo covid e a entrada será escalonada, conforme vaia chegando o alumnado do transporte irá accedendo as aulas. Igualmente para os que veñen andando, os pais non entrarán no recinto escolar, non fai falta que veñan con moita antelación á hora de entrada. O alumnado de 2º, 4º e 6º están na mesma aula que no curso pasado, os que van para 3º e 5º estarán profesores na entrada do edificio principal para indicarlles a aula que lles corresponde. Os grupos de alumnado son iguais que o curso pasado, soamente cambia si hai algún alumno que é novo ou repite.

No caso de 1º nivel, a maioría veñen cos pais ou nais, polo que a entrada será ás 9:30 h. (excepto se teñen que vir en bus e están sós, que xa nos faremos cargo nós cando entren no recinto escolar). Recibiermos a alumnos e pais/nais no pavillón, distribuiremos aos nenos na aula que lles corresponde e faremos unha pequena reunión co profesorado que lles imparte clase.

Este curso houbo renovación da ANPA. Están traballando para que  o servizo de  Madruga e Comedor poida funcionar dende o mesmo día 9 de septembro.  O Concello farase cargo deste servizo de Conciliación  e pon á nosa disposición as monitoras ó igual que o ano anterior. 

As familias que van precisar estes servizos dende o primeiro día de clase urxe que avisen a ANPA ben enviando un correo a anpabandaseca@gmail.com ou whatsapp ao 634964175. É  prioritario e saber que nenos e nenas veñen o día 9 e 10.

Para calquer dúbida, o número de teléfono da ANPA é  634964175

ENTREGA HISTORIAL ACADÉMICO

Desde o luns 19 de xullo entregaremos os historiais academicos do alumnado de 6º.

Recordamos  que este historial está expedido en papel oficial e é para gardar na casa (como o libro de escolaridade antigo), non fai falla levalo ao IES, xa lles remitimos nós unha copia.

LISTAXES DEFINITIVAS E REPARTO DE CHEQUES

Publicouse a listaxe definitiva do fondo de libros de texto  en 3º e 4º e as axudas para a compra de libros de 1º e 2º 140 € ou 210 €), así como as de material escolar (50 €).

O reparto dos libros de 3º e 4º realizarase en setembro cando comecen as clases. O alumnado de 5º e 6º poderá acceder aos libros dixitais en setembro.

A entrega de cheques será a semana do 19 ao 23 de xullo en horario de 10 a 12 da mañá. Aqueles que non o recollan agora, poden facelo en setembro.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Desde hoxe están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, na entrada do edificio grande, as listaxes provisionais das axudas para adquisición de libros de texto e de material escolar. 

Teñen dous días  para realizar calquer reclamación. xoves 8 e venres 9)

LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22

CORRIXIDOS ERROS NOS ISBN DOS LIBROS DE ONDAS DE 1º E DO LOBO LUPAS DE 2º.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 21-22 CORRIXIDOS ISBN.

En 5º e 6º estamos no proxecto E-DIXGAL - libros electrónicos e todo alumnado destes curso terá a licenza da Consellería. Poñemos o activity book pero non é necesario mercalo. Cando comecen as clases en setembro xa  diran as profesoras si é necesario.

Libros de 4º. Este curso tocaba cambialos, pero a próxima implantación da LOMLOE fixo que desde a Consellería foran prorrogados. Temos suficientes exemplares no fondo de libros do centro polo que non é necesario mercar ningún libro excepto o activity book de inglés.

Libros de 3º, neste caso non temos suficientes libros para todos, en todo caso hai que esperar ao listado definitivo de libros para saber os que lle tocan a cada alumno, non mercar en ningún caso o libro de relixión e o class book de inglés. O activity book si que haberá que mercalo.

O listado de 1º e 2º si que está complleto. Pasamos un listado dosl libros ás librerías da localidade.

A data limite de publicación  das listaxes provisionais será o 9 de xullo e das definitivas o día 20. Si podemos adiantar prazos o comunicaremos nesta paxina web.

FIN DE CURSO

Como despedida deste curso deixamos un enlace ás orlas de 6º e ao baile de fin de curso (Jerusalema) dos nenos e nenas do cole. Esperamos que vos guste.

CANCIÓNS EN GALEGO

Os nenos e nenas do Salustiano cantando en galego

O GALO CANTA 1º-2º

HIMNO GALEGO 3º - 4º

CAROLINA 5º - 6º

Distribuir contido