O NOSO COLE

ADMISIÓN CURSO 18/19

DO 1 AO 20 DE MARZO esta aberto o prazo de ADMISIÓN  para o curso 2018/19 para todo alumno que non realizou a reserva de praza para o centro adscrito. Recordamos que este proceso o teñen que realizar aqueles nenos e nenas que vaian cambiar de centro: aqueles de infantil que non están adscritos

Poden conseguir os impresos ben na secretaría do centro ou descargalos na páxina da Conselleria de admisiónalumnado. Desde aquí tamen poden facer a presentación telemática. 

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO está aberto o prazo de  RESERVA DE PRAZA para o vindeiro curso 2018/19.

ALUMNADO DE 6º: Aqueles/as alumnos/as que vaia ir ao IES da Pobra, se o desexan,  poden  facela entregandoa no noso centro o impreso que lles facilitamos. Aqueles que vaian a outro IES deberán facer a solicitude de admisión no período ordinario durante o mes de marzo, no centro no que desexan continuar os estudos.

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. Os centros adscritos ao Salustiano  son: FernÁndez Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa. Os alumnos destes centros poden reservar praza no noso centro. Para facilitar o proceso, entregamos nos centros adscritos o modelo e poden entregalo no centro que están actualmente estudando, pasaremos a recoller todas as solicitudes unha vez rematado o prazo. 

Na páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, na parte inferior poden descargar o impreso e cumprimentalo a man e, ou ben en liña, na mesma aplicación, na pestaña solicitudes / reserva de praza / crear solicitude, seguir as instruccións. despois teñen que entregalo no centro que están estudando

Mais información na orde de  25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.

PIALE OUTONO 2017

HOLA A TODOS, COMPARTO A MIÑA PRESENTACIÓN DO PIALE DE INTEGRACIÓN EN CANADÁ, AO QUE ASISTÍN DO 15 DE SETEMBRO AO 15 DE OUTUBRO

 

VACACIONS NADAL - NOTAS

Segundo indica o calendario escolar, as vacacións de Nadal comprenden desde o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos inclusive. Reanudaremos as clases o luns día 8 de xaneiro.

Desde o centro queremos desexarlles unhas boas festas e un  feliz 2018.

Publicación de Notas da 1ª avaliación: Todos os pais/nais poden ver as notas dos seus fillos ou fillas a través da aplicación "abalarmóbil" descargando dita aplicación no seu móbil. Adxuntamos o enlace da páxina da Xunta para descargala. 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

En caso de ter  algún problema co acceso, poñanse en contacto co centro.

 

ANPA BANDASECA 17/18

Memoria ANPA BANDASECA 17/18

anpabandaseca@gmail.com //  634 96 41 75 

 

INTRODUCCIÓN E OBXETIVOS

Tal como indica o Real Decreto 1533/1986, de 11 de Xullo, polo que se regulan as asociacións de pais e nais de alumnos, no seu artigo nº5 unha das súas funcións é colaborar en las actividades educativas de los Centros.

A maioría destas actividades de colaboración entre centro e ANPA están enmarcadas no eido cultural cunha vertente educativa implícita. A suma de esforzos entre os mestres e as familias fai que o achegamento á cultura, o mundo de deporte, e calquera tipo de actividade, sexa moito máis doado e se faga sen esforzo, dun xeito fluído.

Neste curso o centro cumpre 40 anos en funcionamento, e pensamos levar a cabo varias actividades para celebralo, moitas delas serán actividades postas en común co propio centro.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As actividades extraescolares terán este ano un caracter de continuidade das que funcionaron ben o curso anterior, e buscando introducir outras novas que interesen as familias.

Entendemos que parte do noso traballo ten que ser a organización de actividades para poder facilitar conciliación e tamén unha oferta asequible a todas as familias.

Para isto este ano contamos cunha subvención da DEPUTACIÓN de A CORUÑA para o Plan Cultural deste ano, o que facilita a incorporación das familias ás actividades o baixar o custe económico.

As principais liñas de traballo da nosa entidade son tres:

Cultural:

Grupo de teatro.

Musica tradicional.

Biblioteca / Clube de lectura.

Grupo audiovisual e das artes da imaxe.

Artes plásticas.

Divulgación e investigación do noso patrimonio.

 

Deportiva:

Baloncesto

Tenis

Ximnasia acrobática

Baile

Xadrez

Patinaxe

Piscina

 

Novas tecnoloxías:

Robótica

Drones

 

Contamos tamén con actividades transversais a tódalas demáis, como son:

Idiomas: Inglés e francés

Conciliación e igualdade.

Charlas para nenos e/ou adultos.

Alfabetización dixital.

 

Colaboración con outras entidades sociais e culturais

Dende fai xa dous anos existe unha estreita colaboración con outras entidades para poder levar a cabo certos proxectos.

Colaboración ca A.P.A. Cadreche, compartindo actividades para poder levar a cabo unha maior oferta para os rapaces e rapazas.

Colaboración co concello da Pobra do Caramiñal, dende 2016 o traballo conxunto tanto cas concellerías de Igualdade como ca de Cultura. Pendente da firma dun convenio de colaboración co Concello da Pobra para o tema da conciliación (madrugadores e campamentos en días non lectivos).

Colaboracións co Clube de Baloncesto Santa Baia, Club de Aeromodelismo Furacán, Asociación Cultural Xiada, e outras asociacións e entidades cas que temos intereses comúns.

 

XESTIÓN DO COMEDOR.

A ANPA un ano máis faise cargo da Xestión do comedor, e para iso temos contrato ca empresa Landeiras Delicatessen.

Prezo:  5€ fixos, 6€ ocasionais. Avisar no mesmo día antes das 11h tanto ó catering 981865134 como no cole

 

** Desconto no segundo irmán (incluíndo os que o fagan en calquera comedor xestionado por Landeiras Delicatessen)

HORARIO

HORARIO DO CENTRO DE LUNS A VENRES (mañá)

  • De 9:10 ás 13:50 hrs.
  • Tarde do luns: de 15:45 á 17:25 hrs.

 

     *Día non lectivo escollido polo claustro: luns 30 de abril.

 

 *Enlace ao calendario escolar do curso 2017/18

 

 

MODELO XUSTIFICACIÓN FALTA ALUMNOS

Adxuntamos documento de xustificación de falta do alumnado para entregar ao profesorado en caso de falta deste.

HORARIO MARTES 19

O martes 19 de setembro entraremos ás 10:00 h.

Haberá servizo de autobuses.

INICIO CURSO 17/18

As clases comezarán o vindeiro día 11 de setembro. Ese día faremos a presentación de 11 h. a 13 h.

Haberá servizo de autobuses como de costume.

TITORES

 

A

B

C

DIANA

OLGA

MARISA

IRIA

CHARO

MARIA R.

SESE

SABELA

SAMPEDRO

IRENE

GIRON

GINA

GENO

JUAN

SALI

GONZÁLEZ

JORGE

SILVIA

 

 

 

 

 

 

 

ESPECIALISTAS

INGLES

DANIELA

ESTÍBALIZ

1º - 3º

MARIAN

2º - 4º

ELENA

E.FÍSICA

JOSÉ

4ºC – 5º - 6º

COVA

1º -2º - 3º - 4ºA,B

MÚSICA

CHUS

TODOS

RELIXIÓN

PACO

pendente

NEIRA

pendente

PLÁSTICA –SEC. BIBLINGÜES

OLGA

CHARO

MARIAN

3ºB – 4ºB

ESTIBALIZ

3ºA,C

IRENE

4ºA,C

DANIELA

ELENA

LISTAXE FONDO LIBROS

Listaxe provisional de admitidos no fondo libros de 3º a 6º. Polo momento só aparece o número de libros que recibe cada alumno/a.

Distribuir contido