1ª Avaliación
VACACIONS NADAL - NOTAS
Enviado por bandaseca o Xov, 21/12/2017 - 13:12Segundo indica o calendario escolar, as vacacións de Nadal comprenden desde o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos inclusive. Reanudaremos as clases o luns día 8 de xaneiro.
Desde o centro queremos desexarlles unhas boas festas e un feliz 2018.
Publicación de Notas da 1ª avaliación: Todos os pais/nais poden ver as notas dos seus fillos ou fillas a través da aplicación "abalarmóbil" descargando dita aplicación no seu móbil. Adxuntamos o enlace da páxina da Xunta para descargala.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
En caso de ter algún problema co acceso, poñanse en contacto co centro.