LIBROS DE TEXTO 17/18
Enviado por bandaseca o Xov, 13/07/2017 - 13:29Listado de libros de texto para o vindeiro curso.
OS CHEQUES DE AXUDAS PARA LIBROS DE 1º E 2º E MATERIAL ESCOLAR DE TÓDOLOS CURSOS ESTARÁN DISPOÑIBLES A PARTIR DO LUNS 17 DE XULLO.
HORARIO DE RECOLLIDA DE 10 A 12.
NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS A ADXUDICACIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO.
CAMPAÑA DE VELA 2017
Enviado por bandaseca o Mar, 30/05/2017 - 14:30CARTEL INFORMATIVO DA CAMPAÑA DE VEL 2017
NENOS E NENAS ENTRE 9 E 18 ANOS. QUENDA DE A POBRA: 7-11 AGOSTO. INSCRICIÓNS NO CONCELLO.
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO
Enviado por bandaseca o Xov, 25/05/2017 - 18:44No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
Recordar que o prazo de entrega é ata o 23 de xuño. Os alumnos de 6º teñen que entregalo no IES onde van realizar os estudos o vindeiro curso.
Pinchando aqui acceden a páxina da Xunta, Teñen a convocatoria do DOG completa e poden descargar o impreso de solicitude de axuda.
Adxuntamos a nota que enviamos desde o centro pinchando aquí.
ADMISIÓN CURSO 2017/18
Enviado por bandaseca o Mér, 01/02/2017 - 15:33DO 1 AO 15 DE FEBREIRO está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2017/18.
No noso centro o alumnado de 6º que vaia ir ao IES da Pobra ten que facer esta reserva e entregala no noso centro, mentres que aqueles que vaian a outro IES deberán facelo no periodo ordinario no mes de marzo.
O alumnado de educación infantil adscrito a este centro debe facer o mesmo proceso e entregalo no centro no que están estudiando. Os centros adscritos ao Salustiano son : Fernandez Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa.
Na seguinte páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, na parte inferior poden descargar o impreso e cumprimentalo a man e, ou ben en liña na mesma aplicación na pestaña solicitudes / reserva de praza / crear solicitude, seguir as instruccións. despois teñen que entregalo no centro que están estudiando
Mais información na orde de 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Mér, 09/11/2016 - 16:57Dende o 9 ata o 18 de novembro está aberto o prazo pra presentar candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar, Compre renovar dúas prazas vacantes.
Nas mesmas datas estará exposto o censo electoral (pais, enais e/ou titores legais) para comprobar que os datos son correctos.
O día 21 proclamaranse provisionalmente ascandidaturas, tendo ata o23 para realizar as reclamacións oportunas e o 24 será a proclamación definitiva.
As votacións dos pais/nais realizaranse o luns 28 de novembro de 15:30 a 18:30 h.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2016/17
Enviado por bandaseca o Ven, 28/10/2016 - 16:48DÍA NON LECTIVO
Enviado por bandaseca o Ven, 28/10/2016 - 16:11Luns 30 de abril de 2018, igual que os centros da zona.
NOVO TELÉFONO
Enviado por bandaseca o Xov, 27/10/2016 - 16:29A Consellería esta realizando unha reubicación dos números de teléfono dependentes desta, polo que a partir de agora o novo número de teléfono do cole é 881866847.
Poderán seguir chamando ao número anterior durante un tempo onde poderán escoitar unha alocución indicando o novo número. Dita alocución estará dispoñible en canto remate o proceso de migración da compañía de teléfono.
FOLGA 26-10-16
Enviado por bandaseca o Xov, 27/10/2016 - 08:56Na folga contra a LOMCE convocada para o día 26/10/2016 foi secundada por un 86 % do alumnado e as súas familias.
Asistiron a clase 54 alumnos, un 14 %.
Segundo datos da CONFAPA/GALICIA, en primaria houbo un absentismo do 70 % de media en Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- seguinte ›
- última »