Dentro do plan Proxecta, este curso, ao igual que o curso pasado, participamos no programa "Aliméntate ben" en dúas das súas modalidades: "Froita na escola" e "O sabor da aventura está no mar".
Esta semana tivemos no Caselles a un pescador, unha bióloga e unha cociñeira moi especiais que lle explicaron aos nosos nenos e nenas a importancia de coidar o mar e das vantaxes de alimentarse con produtos do mar, algúns cursos tamén terán a sorte de ir ao porto e ao Museo do Mar. Tódolos nenos e nenas disfrutaron e aprenderon moito con "O Sabor da Aventura está no mar".
Coñecemos aos Arroases, unha cuadrilla de sete nenos e nenas que teñen superpoderes que lle aporta a súa alimentación con peixes e mariscos frescos.
Para ver máis imaxes preme na foto.