CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

ENTROIDO 2016

Comezamos a celebración do Entroido o xoves día 4 co "Certame Gastronómico". As familias e os nenos colaboraron cos seus doces, houbo cantidade e calidade, tanto que aínda quedaron para o venres.

E o venres desfile. Este ano continuamos co tema da auga, 1º e 2º foron de pingüíns, 3º de bonecos de neve, 4º de pingas de auga, 5º de peixeiros e peixeiras e 6º de mariscadores e mariscadoras. Nun día espléndido desfilamos ata a praza do Seixo, e a volta tomamos un rico chocolate acompañado de filloas, orellas e biscoitos do Certame Gastronómico. Un día redondo!