Este venres celebramos o final do 1º trimestre.
Nas dúas primeiras horas tivemos unha gran sorpresa, xa que nos apareceu polas clases o mesmísimo Papa Noel, nin máis, nin menos; que viña acompañado duns axudantes moi especiais: os nenos e nenas de 6º!!! Repartiron caramelos e cantáronnos unha panxoliña, e Papa Noel sempre con eles.
Despois baixamos ao ximnasio onde gozamos da actuación do grupo Migallas, cando remataron entregámoslle o cheque do cross solidario a Asociación Avelaíña.
E para rematar o día tomamos un chocolate con biscoitos.