CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

UN TESOURO NO MONTE: PLANTACIÓN

   Este luns o alumnado de 2º e 5º curso participou nunha  plantación de árbores no monte comunal no barrio do Xibao. 

    Esta actividade forma parte do proxecto de Voz Natura “Un tesouro no monte”. Nenas e nenos acudiron andando a un monte preto do centro, unha vez alí armados de sachos e anciños procederon a plantar varias especies autóctonas. Despois dunha pequena explicación por parte de membros da Comunidade de Montes e do profesorado, os nenos fixeron grupos e comezaron a traballar de forma autónoma e ordenada. 

   O noso agradecemento a Comunidade de Montes de Tomiño por facilitarnos o traballo ao facer os buratos e proporcionarnos de forma desinteresada o terreo e as plantas.