Os de cuarto tivemos unha charla sobre a reciclaxe. Explicáronnos cousas que xa sabiamos, pero está ben recordar: que vai en cada colector, como debemos deixar o cartón no colector...Tamén vimos como quedan as cousas recicladas: o plástico parece lentellas!, Por certo contaron que as sillas da biblioteca poden estar feitas con plástico reciclado.
Agora sabemos como reciclar o aceita da cociña, que é moi prexudicial para o medio ambiente. Tamén explicaron como recollen cada colector. Para o vidro, como pesa moito, teñen que usar camións con grúa.
Pero o que mais nos gustou foi aprender a facer compost con ...miñocas!! Hai dúas clases de miñocas que se encargan de facelo. Tamén dixéronnos como se reproducen y como temos que tratalas.
Foi pouquiño tempo, pero pasámolo moi ben. Teremos que facer compost no cole, nonsi? Pero con miñocas, eh?