Xa chega o Entroido,este ano adicado aos antigos oficios.
Tivemos que suspender o desfile por medo a chuvia, e non subimos ao Alivio como tíñamos previsto pero fixemos unha pequena festa no patio e no ximnasio, que rematamos coa degustación dos postres.
Tamén nestes días de Entroido recibimos a mulleres do Centro de Día de Tomiño. Estiveron cos nenos e nenas de 3º e contáronnos moitas cousas dos oficios e dos tempos de antes.