CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Semana cultural 2013

Na semana que rematou co 17 de maio, día das letras galegas, celebramos no colexio uns actos culturais que pretenden homenaxear a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía de Castro,  no que chamamos "Semana Cultural".

Nesta ocasión, Uncas, a nosa mascota, vai coñecer o río Cereixo, e con el, todos os alumnos e alumnas do cole. Descubrirán onde nace, por onde pasa, que lugares singulares visita, que plantas e animais viven a carón del... se queredes ver máis sobre o río Cereixo premede aquí.

 

Tamén tivemos un obradoiro de regueifas a cargo de Luis "Caruncho" e Pinto D'Herbón.

 

O xoves 16 contamos coa actuación do grupo de Pinzás "Tradi Són", día no que celebramos un pequeno acto de clausura.

 

 

 

Catro días intensos, que comezaron o luns cunha lectura e actividade relacionada cos homenaxeados deste ano. Para mostra esta homenaxe dos máis pequenos a nosa gran Rosalía.