Hoxe venres, día 22 de marzo, celebramos o día da árbore no CEP Pedro Caselles.
Antes de comezar o traballo, tomámoslle un anaco de rosca e un chocolatiño quente, e despois... mans a obra!!!
Plantamos no noso patio doce árbores, unha por nivel. Cada curso organizou catro grupos: os que cavaban, os que botaban o esterco, os que plantaban a árbore e os que regaban. Fixemos un bo traballo!!!