CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

IV XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Marabilloso retorno a normalidade coas nosas xornadas de Educación Vial. No ano 2020 foi a última actividade que fixemos antes de ser confinados. No ano 2021, por precaución e protocolo, non se organizou, pero neste curso a ANPA Mosteiro volveu a organizar esta fantástica actividade en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, Policía Local de Tomiño, Protección Civil e Garda Civil.

Cada curso recibiu unha charla de Educación Vial, e despois puxeron en práctica o aprendido no circuíto montado no patio. O luns 1º e 2º curso, o martes 3º e 4º curso, o mércores 5º e o xoves 6º.

Estas xornadas, ademais de para fomentar a educación vial, tamén fomentan o uso da bicicleta. Cada nena e neno trae nese día a súa bici ao colexio, creando un colorido e motivador ambiente no Caselles, con momentos de nervios e excitación.

Como cada ano, 5º e 6º curso, tiveron a opción de percorrer o circuíto montados en karts facilitados pola propia DGT, outra actividade para engadir emoción ao evento.

Ademais das charlas e o circuíto, nenos e nenas tiveron a ocasión de ver ben de preto os coches, camións e motos e equipamentos oficiais das forzas de seguridade.

Agradecer a ANPA Mosteiro a organización da actividade e a DGT, Policía Local, Protección Civil e Garda Civil a súa colaboración.

Podedes ver tódala fotos e buscar as vosas fillas e fillos premendo na imaxe.