Ola, bo día: Acaban de mandarme da Diocese de Tui-Vigo un video coa mensaxe do Sr. Bispo D. Luis Quinteiro Fiuza para @s nen@s da diocese polo Domingo de Ramos. Vos poño o enlace:
Ola chiquill@s: xa que os outr@s profes vos deron vacacións eu mándovos uns enlaces de videos e manualidades que se refiren a estas datas en concreto pola asignatura de Relixión.
Manualidades para tódolos cursos con material de reciclaxe.
Ola chuiquill@s: cómo estades? Estou desexando ver as vosas caras alegres, escoitarvos, mirarvos entrar no cole, correr polo patio, ... pero toca QUEDARSE NA CASA.
(Ata agora non mandei nada xa que de 3º a 6º tiñades tarefas pendentes).
Mándovos un enlace pra que nestes días poidamos entre tod@s ter unha boa convivencia: facede debuxos do que vos costa facer ben e mellorastes ou facer un pequeno diario e poñede por escrito as vosas emocións, sentimentos, ... (non fai falla que sea cada día). Tamén podedes ver o seguinte video
Hoxe tivemos unha clase un pouco distinta, aproveitando a pronta chegada da primavera, nenos e nenas de 6º saímos a poñer bonitos os nosos xardíns. Armados de sachos e anciños, e baixo a supervisión da profe Carmén fixemos un traballo xenial, pero non demos rematado. Xa vos iremos mostrando como vai a cousa.
Para celebrar estas festas os nenos e nenas do Caselles estivemos facendo uns preciosos beléns e uns móviles de nadal na clase de relixión. Premede na imaxe para ver as fotos e comprobar o bonitos que nos quedaron!