EDL 2016 / 2017 |
IV Concurso de Cómics 2016/2017
Premios: - Erín Parapar Rego ________ 5C - Helena Fojo Leitao ________ 6A - Pablo Gueimunde Mateos ___4B Accésit: - Teshome Hermida Cerdeiras ____ 6B - Aroa Martínez Novoa __________ 1B Mención especial: - Laura Ríos Vázquez ___________ 6B - Diego Fernández Somoza ______ 6B - Pedro Canoura Quirce _________ 6B - Antonio Trasancos Bruzos ______ 5C - Daniel Ramos González ________5C
________________________________________________ Composición: Coordinadora: ….. Sagrario Otero Rodríguez Prof. 1º ciclo:……. Miriam Bermúdez García Prof. 2º ciclo:……. Olga Cando Pin e Socorro Giz García Prof.3º ciclo:…….. Estrella Méndez Rolle
OBXECTIVOS:
PRINCIPAIS ACTIVIDADES A DESENVOLVER NO PRESENTE CURSO No 1º Trimestre: O Samaín e o Halloween ( galego/inglés ). Realizarase unha exposición de cabazas decoradas polos alumnos/as que traerán das súas casas dende o día 24 ata o día 28 de Outubro. Tamén se elaborarán murais alusivos ó Halloween e o Samaín. O Magosto: a celebrar o 11 de novembro en colaboración .A parte do xa tradicional asado e posterior degustación das castañas faremos unha pequeña exposición de productos e aparellos relacionados co Magosto. Como tradición propia desta celebración nesta localidade propoñerase aos cursos que queiran que os alumnos traigan feitos das suas casas colares de zonchos. Tamén o Cronista Oficial de Viveiro, compañeiro noso: Carlos Nuevo Cal,informaranos de cómo se viña desenvolvendo esta celebración en Viveiro. En Novembro, en colaboración co Equipo da Bilbliotecaorganizarase o MES DA CIENCIA, onde poderemos levar a cabo dende diversos experimentos, ata traballos monográficos en torno a algunha figura galegado eido científico- matemático, neste caso sobre Ignacio Ribas Marqués. Tamén realizaremos murais, xogos, etc... tal e como xa fixemos en cursos pasados. Concurso de comics na nosa língua: convocarase ao longo do mes de decembro ata o 20 de Xaneiro, propoñemos como tema “Unha fantástica tarde de aventuras co meu animal favorito” (real ou imaxinario) O Nadal: elaboración de postais de Nadal en galego, ca posibilidade de intercambialas con centros da mesma localidade.
No 2º trimestre: . O Entroido: na semana do 20 ao 24 de febreiro e cada día os alumnos traerán algo posto ( na cabeza, no pescozo, nas mans e nos pes ). O día 24 de febreiro remataremos cun gran desfile (actividade o redor do ciclo do ano). Elaboración dunha unidade didáctica centrada na celebración do Entroido en Viveiro. VIII Certame de Poesía Lois Tobío e VII Concurso de fotografía Lois Tobío, co tema “Unha tarde de xogo co meu aniaml preferido”. Convocaranse ó longo do mes de marzo. (actividade ao redor do contorno próximo) e fallarase no mes de Abril.
No 3º Trimestre: Actividades ao redor das Letras Galegas ( todo o mes de maio) Informacións, traballos e exposicións sobre o autor homenaxeado (Carlos Casares) ao obxecto de difundir a súa vida e a súa obra entre toda a comunidade educativa. Celebración dos maios: estudiarase a posiblilidade desta celebración o 5 de maio; elaboración de coplas coa colaboración dos mestres de música e caracterización típica dos alumnos/as (actividade ao redor do ciclo do ano) Publicación do nº 19 do noso xornal escolar CHALANO, para entregar un a cada alumno/a antes do 17 de maio, asi como envíalo a outros organismos e asociacións para unha mais amplia divulgación. Festival das Letras Galegas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, as datas que propoñemos serían os días 23, 24 e 25 de maio, para que os alumnos do centro fagan diferentes actuacións ( recitados, cancións, obras de teatro, bailes...). A estes actos acuden os pais e nais dos alumnos, xa que se realiza fora do horario lectivo.
|
|||