Primeiro ciclo

Xogos de construción

Estamos amortizando xa o material que foi chegando de construción que utilizamos para diferentes proxectos de aula, neste caso, nas clases de primeiro

20N día dos dereitos do neno e a nena

Dentro das actividades do 20N está a concienciación sobre o acollemento familiar e o dereito de nenos e nenas a medrar en familia, o chamado "día do pixama" do cal nos fixemos eco con este fermoso mural no que coloreando os pixamas falamos do tema co alumnado.

A clase de 2º en RNE, Radio Clásica, participando en "Crescendo"

Este domingo, segundo curso participou no programa de Radio Clásica "Crescendo". En el puideron falar e coñecer a fondo a obra e a vida de Johann Strauss fillo, o rei do valse. Non volo perdades!

 

Fotos de Samaín

O alumnado de primeiro e segundo vestiuse como a ocasión o merecía para celebrar o Samaín. Velaí un album coas fotos máis terrorificamente xeniais. Premede na foto para acceder ao album.

 

Contacontos

O alumnado de primeiro ciclo tivo a sorte de contar cunha contacontos de excepción. A mestra Rebeca ilustrounos contando dous contos da festa de Samaín. Todo un espectáculo!

Día das Bibliotecas Escolares

Con motivo do día das Bibliotecas Escolares o alumnado de 1º fixo recomendacións de libros ,aprendeu a saber onde están colocados os libros e compartiu bos momentos de lectura na mesma!

Instrumentos monstruosos en 2º

O alumnado transformou a silueta dos instrumentos cos que estamos a practicar estes días en monstros terroríficos (pero simpáticos) de cara ao Samaín que xa vai asomando a patiña.

Velaquí o vídeo de mostra.

As habilidades tamén en 1ºB

E, como non ían ser menos, o alumnado de 1ºB tamén debuxou as súas habilidades con este estupendo resultado. Son uns/unhas artistas!

As habilidades en 1ºA

Na clase estivemos a traballar os oficios das persoas maiores, pero tamén as nosas habiliades, as cousas que máis nos gustan ou se nos dan moi ben e este foi o marabilloso resultado.

Primeiras clases de psicomotricidade

Que ben o pasa o noso novo alumnado de primeiro nas clases de ed. física cos exercicios de psicomotricidade. Velaquí unha mostra: 

SALVAR VIDAS

O pasado día 8 de marzo , tivemos a dúas super mamis , que ademas son enfermeras e viñeron a darnos unha charla aos máis peques do cole, para ensinarnos a forma de como axudar a salvar vida.

GRACIAS CIRA E SONIA!!

APALPADOR DOMUS VI

Como  de costume, todos os anos polo Nadal, visitanos o Apalpador de Domus Vi cos seus axudantes!!

É unha delicia pasar tempo con vós!! Grazas por facer aos nenos/as de 1º tan felices. Esperamosvos para o seguinte ano.

Roteiro por Viveiro co trasno de San Roque

O noso alumnado de 1º ciclo fixo un roteiro por Viveiro, co trasno de San Roque o cal nos amosou moitas rúas e moitas fachadas adicadas ao xénero femenino.

Grazas trasno moito aprendimos de ti!!!

VISITA DE ADEGA

Os nosos nenos/as de 1º E.P tiveron a visita da asociación " ADEGA"  fixeron e pintaron unhas xardineiras super chulas!!

Son uns e unhas artistas!!

 

Segundo na Radio Nacional

O alumnado de segundo participou no programa de Radio Clásica "Crescendo" como xa veu facendo o cole nos pasados cursos.

Podedes escoitar o programa premendo na seguinte imaxe:

                                                      

Distribuir contido