Primeiro ciclo

Semana da Prensa

Traballos pola Semana da Prensa en Primeiro curso:

                                       

Debuxos Día de Rosalía

Uns fermosos deseños polo Día de Rosalía...

                             

Antroido no 1º ciclo

                                      

Vídeo titorial disfraces primeiro ciclo

Traballos do noso alumnado polo Día da Paz

O noso alumnado traballou moito e ben para as actividades arredor do Día Escolar pola Paz: letras coloreadas, plastelina ou as pulseiras feitas en impresora 3D foron algunhas delas.

                                    

PRESENTACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

O vindeiro día 30 de xaneiro celebraremos, co gallo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, a nosa Carreira Solidaria. 

Moi pronto colgaremos toda a información pero, polo momento, alumnado de segundo explica en que consiste esa carreira lembrando a edición anterior.

Día das Bibliotecas

O noso alumnado de primeiro ciclo celebrou o Día das Bibliotecas no CEP Lois Tobío con resolución de mensaxes secretas e creación de pulseiras con Biblioreta como protagonista. Día perfecto!

 

O ALUMNADO DE SEGUNDO EN RADIO CLÁSICA

O noso alumnado de segundo gravou durante as pasadas semanas un programa para o programa infantil de Radio Clásica "Crescendo". Durante o programa falaron de Chicken Reel, unha obra composta por Leroy Anderson e que deu moito xogo nas clases. O traballo deu os seus froitos e o resultado foi estupendo. Parabéns ao noso alumnado!

Podedes escoitar o programa premendo na seguinte imaxe: 

                                   

Visita á granxa-escola Ría del Eo

O alumnado de 1º e 2º viaxou á granxa escola Ría del Eo, en Castropol, onde realizou múltiples actividades como pan, xabón, plantacións e, por suposto, os contactos cos animais e a natureza.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e, premendo na fotografía inferior, tedes a galería de imaxes.

 

Actuacións na exposición da Microrrede

Dentro dos actos da exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña estivo unha doble actuación do noso centro. A nosa particular Biblioreta (Rebeca) contou o conto de Maruxa a todo o público, aquí vos deixamos un pequeno resumo:

Logo, o alumnado de 1º cantou dúas cancións para que, despois, Biblioreta narrase o conto "Nica a Canica", do compositor Josu Elberdin, ao que o noso alumnado lle puxo música cantando dun xeito estupendo, como podedes ver no seguinte vídeo:

Contacontos en 1º e 2º

Onte, o alumando de 1º e 2º coñeceu a Érika, unha contacontos que, vestida de camareira, deunos a escoller un menú que  ía aparecendo en varias cartolinas de cores e que, entre conto e conto, aproveitou para falarnos de nutrientes. Cada tipo de nutriente tiña un conto asociado e mesturamos entretemento con coñecemento. 

 

                                  

Lecturas na Praza

O pasado venres, o alumnado de primeiro curso foi ata a Praza Maior para participar na actividade "Lecturas na Praza" xunto ao alumnado de 6º de ed. infantil da EEI San Roque. 

O alumnado do San Roque contounos dúas fermosas lendas locais (O pozo de Piago e A cova do Santo de San Roque) e nós contámoslles (e cantámoslles) o conto "Nica a canica". 

Unha fermosa actividade que, de seguro, repetiremos no futuro!

(Máis imaxes premendo na foto).

 

 

                              

Día da educación física na rúa

O pasado mércores, o alumnado de primeiro e segundo trouxo os seus patinetes (grazas a todas as familias pola vosa colaboración) e puxo rumbo á praia de Covas para celebrar o Día da Educación Física na Rúa, unha actividade que ten entre os seus obxectivos o uso de xogos con material de refugallo, e iso mesmo foi o que fixeron na praia.

Un día diferente e para lembrar!

Premendo na imaxe tedes o album completo e a continuación un vídeo da actividade.

 

Toupiciencia no cole

"Toupiciencia" chegou ao noso colexio para o alumnado de segundo.

Na seguinte fotografía tedes o acceso á ligazón do blogue da biblioteca onde se ve un pequeno resumo da actividade.

 

                                              

Poemas en 1ºA

O alumnado de 1ºA animouse a usar a pantalla Chroma para celebrar o día da poesía recitando dous poemas: "Implacable y sigilosa" e "O camelo", que podedes ver premendo nas seguintes imaxes. Grazas ao alumnado de primeiro por este agasallo!

 

Distribuir contido