O pasado venres, o alumnado de primeiro curso foi ata a Praza Maior para participar na actividade "Lecturas na Praza" xunto ao alumnado de 6º de ed. infantil da EEI San Roque. O alumnado do San Roque contounos dúas fermosas lendas locais (O pozo de Piago e A cova do Santo de San Roque) e nós contámoslles (e cantámoslles) o conto "Nica a canica". Unha fermosa actividade que, de seguro, repetiremos no futuro! (Máis imaxes premendo na foto).
|
|||