Terceiro Ciclo |
O alumnado de 5º entrevista a Dani Caxete por mor da Semana da Ciencia, que este ano está dedicado á astronomia. Preguntas creadas polo alumnado e que deixaron un programa do máis interesante. Grazas, Dani, pola visita.
|
|||
|
|||
O alumnado de sexto visitou o pasado martes a cidade departamental acudindo aos museos de Historia Natural e ao Museo Naval, respectivamente. Polo que vemos no vídeo unha experiencia estupenda! |
|||
Hoxe recibimos no colexio por iniciativa da ANPA a Minerva, que será a encargada de impartir a actividade extraescolar de robótica no colexio. Aínda que os grupos de extraescolares son moito máis reducidos, hoxe colleu clases enteiras para facer demostracións nas clases de sexto e cuarto con diferentes tipos de dispositivos. As demostracións continuarán o venres cos grupos de 5º, 3º e 2º. |
|||
O pasado venres tivemos a sorte de contar no centro coa visita de Dani Caxete para falarnos dunha das súas grandes pasións, a astrofotografía e a paisaxe astronómica. Dani contounos como se fan esas fotos, cantas fotografías son necesarias facer para obter a toma perfecta ou canto hai que estudar para seguir os movementos dos planetas ou a mesma Estación Espacial Internacional, coa que ten unha teima especial. O alumnado de quinto e sexto de primaria gozou coa charla e as imaxes de Dani que mesmo trouxo o seu equipo ao colexio e puidemos ver o sol desprendendo manchas solares en directo. Grazas, Dani, por amosarnos o teu traballo pero tamén por transmitir a túa paixón. |
|||
Outro ano máis que despedimos ao alumnado que supera a etapa de primaria e pasa ao instituto. Como lembranza, velaquí uns vídeos. Xa vos botamos de menos!
|
|||
|
|||
Polo día 8 de marzo, o noso alumnado de 6º de E.P realizaron uns poemas moi chulos que decoraron con unha flor, realizada na impresora 3D, en honor a Rosalía de Castro i estiveron recaudando fondos para a súa excursión. |
|||
|
|||
O alumnado de quinto foi hoxe á praia a facer unha actividade compatible co día que tivemos: o surf. Alí, asesorados polas persoas monitoras, deron os seus primeiros pasos coa táboa. |
|||
O alumnado de sexto tivo a sorte de recibir a visita de Roque Barreiro Fanego, que amosou ao alumnado a súa pintura e o xeito de pintar paisaxes con unha estupenda clase práctica no Paseo Marítimo durante a mañá do venres.
Grazas, Roque, pola visita!
|
|||
|
|||
O alumnado de quinto curso aproveitou o seu paso por Lourenzá para visitar a casa de nacemento de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas neste ano 2023. Dende a delegación de Turismo de Lourenzá ofreceron unha pequena charla acompañado dun audiovisual. Xa que na clase están coñecendo a idade Media tamén visitaron a Torre do Mariscal Pardo de Cela e o Pazo de Tovar, para rematar a excursión na Finca Galea. Tedes un pequeno album da visita premendo na seguinte fotografía: |
|||
|
|||
O Día da Paz, o alumnado de 6º de Primaria agasallóunos con esta fermosa coreografía que vos deixamos. Gozádea! |
|||