RESERVA DE PLAZA PARA O CURSO 2024-2025

 

Por estar o noso centro adscrito ao IES VILAR PONTE, todo o alumnado de 6º que remata a etapa de Educación Primaria, ten dereito prioritario para continuar os seus estudos nese IES.

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022, para os efectos de reserva de praza, o alumnado que queira continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como anexo I desta orde.

Os pais/nais ou titores legais do alumnado poderán entregar as solicitude mencionada na secretaría do noso colexio (CEP Lois Tobío) entre os días 15 de xaneiro e 4 de febreiro.

De maneira opcional poderán facelo tamén empregando a aplicación admisiónalumnado, accesible no Portal educativo da Xunta. A través desta ferramenta as persoas interesadas poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de praza ou de admisión, presentar a solicitude de reserva ou de admisión de forma electrónica (acompañada de copias en soporte electrónico da documentación), así como consultar o estado de tramitación da súa solicitude.

O alumnado que teña pensado continuar estudos nun centro distinto ao adscrito, terá que presentar solicitude da admisión no centro escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

Unha vez que se obteña praza, por reserva ou admisión, terán que facer efectiva a matrícula a finais de xuño.