En terceiro de primaria puideron gozar coa actividade ofrecida polo Departamento de Normalización Linguística para realizar un rap en galego coa axuda de Juanma Lodo e Esther Carrodeguas. Unha primeira sesión con Juanma para coñecer as caixas de ritmos e efectos, outra con Esther para elaborar as rimas e letras e finalmente a gravación final. Pronto recibiremos os resultados das gravacións. No seguinte vídeo temos un resumo dos momentos vividos. Moitas grazas pola visita! |
|||