Hoxe, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, foi a estrea da nosa operiña, proxecto no que leva inmerso o alumnado de cuarto curso xa dende o ano pasado. Hai máis de un ano chegaba a proposta da Fundación Bal y Gay de facer unha ópera na que participase alumnado de Primaria. Con cantantes da Escola Superior de Canto de Madrid, actrices da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, músicos de primeiro nivel que a Fundación xuntou para ocasión e a dirección de Javier Fajardo o proxecto podemos dicir que foi todo un éxito. A nosa versión de "As vodas de Fígaro" fíxose realidade e non podemos estar máis felices. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible, en especial ao noso alumnado que tanto traballou.
|
|||