Despois destes anos de ausencia debido á pandemia volve, se cadra con máis forza, a exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da que o noso colexio é parte. Na sala multiusos do Concello de Viveiro podedes ver os traballos de todos os colexios participantes coa participación activa das familias. No noso caso trátase da obra "As verbas traen lembranzas", unha montaxe na que unha xigantesca cámara é acompañada duns negativos que conteñen os cento sesenta códigos QR que nos fixestes chegar coas palabras que ás persoas maiores da familia lle traían recordos da súa nenez. A inauguración foi hoxe día 9 e contou coa participación musical de "Amigos do Folk". A exposición estará aberta ata este venres 13. Nos vindeiros días haberá actuacións dos propios colexios e tamén dos grupos colaboradores do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Sen ir máis lonxe, o noso alumnado de primeiro participará na tarde do xoves. Animádevos a visitala!
|
|||