Xa vén de lonxe o traballo no colexio sobre o Camiño do Mar. Hoxe, o alumnado de quinto, tivo a oportunidade de ir dende Pénjamo ata a ponte da Misericordia pasando por diferentes lugares que mostran a pegada do camiño na nosa vila. Durante un par de horas falamos de botánica, topónimos, ecoloxía e, por suposto, do Camiño do Mar da man dun peregrino actual (Lucas) e unha peregrina antiga (Noela). Grazas a ambos pola aprendizaxe que nos ofreceron.
|
|||