Skip to Content

Exposicións

EXPOSICIÓN DE MEDIDAS ANTIGAS

Enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca "Que forma ten.... a imaxinación?", estivo aberta dende o día 20 ao 30 de novembro.

 Contou con pezas aportadas pola comunidade educativa.

 

DESCARGAR A UNIDADE DIDÁCTICA "O AGRO GALEGO"

EXPOSICIÓN "DE ATENAS A LONDRES" 3ª PARTE

Iniciamos a nosa viaxe pola historia das Olimpíadas en Atenas, na antiga Grecia. E despois dun percorrido polos Xogos Olímpicos da Era Moderna, chegamos ao noso destino, Londres, onde se celebrarán, do 27 de xullo ao 12 de agosto, os XXX Xogos Olímpicos.

Nesta 3ª exposición, que será interactiva, aprenderemos todo o necesario para disfrutar desta edición dos Xogos Olímpicos: os deportes que participan, as sedes onde se celebrarán as competicións, a Villa Olímpica, as mascotas, as medallas, o facho, o logotipo… Tamén nos servirá para coñecer mellor a cidade e a súa cultura.

Desenvolverase na aula de informática, do 6 de xuño ao 20 de xuño, e constará de:

De Atenas a Londres 3ª parte: Londres 2012

VÍDEOS SOBRE AS OLIMPÍADAS DE LONDRES 2012

 




De Atenas a Londres, 2ª parte


ERA MODERNA: BARCELONA 92


O venres, día 23 de marzo, inauguramos a 2ª exposición no Salón de actos cos traballos elaborados nas clases: carteis, cómics, debuxos, narracións, montaxes audiovisuais…

Seguimos coa historia dos Xogos Olímpicos. Agora investigamos a Era Moderna e, sobre todo, os xogos que se celebraron en Barcelona no ano 1992.

O nacemento dos Xogos Olímpicos

Traballo realizado pola clase de 1ºA sobre o nacemento dos Xogos Olímpicos

Exposición "AS Olimpiadas na Grecia antiga"

O martes, día 29 de novembro, xa inauguramos a exposición sobre os Xogos Olímpicos antigos.

 A Biblioteca programaou para o presente curso unha serie de actividades que baixo o título " A LECTURA, DEPORTE DE AVENTURA" pretende relacionar a lectura coas olimpiadas, tendo en conta que o ano 2012 é ano olímpico e que será Londrés donde se celebren.

Neste primeiro trimestre, o alumnado traballou as olimpiadas na antiga Grecia.

Para rematalo, montamos unha exposición no Salón de actos cos traballos feitos polo alumnado: debuxos, pequenos libros, vídeos, murais, etc.

Esta exposición estará aberta, en horario lectivo, ata o 12 de decembro.
Nos próximo trimestres montaremos novas exposicións sobre o mesmo tema.

 

 

  Fotos da exposición e vídeo dos alumnos e alumnas de 5ºB

 

 

Descargar vídeo alumnos/as de 5ºB

sentímolo, flash non está dispoñible.

Exposición Olimpiadas

A Biblioteca escolar do CEP IGREXA VALADRES, tendo en conta que o ano 2012 é un ano olímpico,  está a traballar  co programa “ A LECTURA, DEPORTE DE AVENTURA”

 

                        Dentro desta programación, está prevista a  montaxe dunha

exposición sobre os xogos olímpicos na antiga Grecia.

 

                        Para dita exposición solicitamos a colaboración de todos os pais/nais e alumnos/as.

Ver a circular completa

Invitación

Halloween

Durante a semana do 24 ao 28 de outubro, todos os nenos e nenas participaron na exposición de cabazas con motivo de Halloween. Houbo moita variedade de modelos, como podedes comprobar nesta pequena mostra.

Halloween

Ver máis fotos na galería

Os xogos olímpicos

Este ano na Biblioteca traballamos o proxecto:

"A lectura, deporte de aventura"

 Para meternos en materia, podemos visualizar, por cortesía do departamento de grego do IES Rafael Dieste, o seguinte traballo sobre Os xogos Olímpicos na antiga Grecia.

 http://departamentodegregordieste.blogspot.com/2010/06/os-xogos-olimpicos.html 

  

 



Distribuir contido


by Dr. Radut