Skip to Content

Exposicións

CONCURSO-EXPOSICIÓN "ADORNOS DE NADAL"

Preme na imaxe para ver as mostras presentadas. Hai diferentes técnicas e moita creatividade.

Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa participación.

 

 

EXPOSICIÓN

EXPOSICIÓN DE ANIMAIS MARIÑOS

Do 25 ao 28 de outubro os alumnos/as do colexio coa colaboración das familias e grande imaxinación, participaron nunha exposición de animais mariños feitos con elementos do outono. Houbo moita variedade de modelos, como podedes comprobar nesta mostra.

Grazas a todos/as por participar.

 

Exposición Samaín-Halloween 2015

Durante a semana do  26 ao 29 de outubro, con motivo do Samaín/Halloween,  estiveron expostos nos corredores do colexio os traballos feitos polos alumnos e alumnas nas clases e tamén en colaboración coas familias que, con grande maxinación, empregaron os froitos e materiais propios do outono. Houbo moita variedade de modelos, como podedes comprobar nesta pequena mostra.

Exposición cabazas 2014

Durante a semana do  27 ao 30 de outubro, estiveron expostos nos corredores do colexio os traballos feitos polos alumnos e alumnas en colaboración coas familias nos que, con grande maxinación, empregaron os froitos e materiais propios do outono e tamén seguiron o lema da biblioteca deste curso reutilizando materiais.


Grazas a toda a comunidade educativa pola súa participación!!.

VER AS FOTOS NA GALERÍA

Exposición "Un mundo de inventos"

O día 10 de xuño rematou a exposición dos traballos realizados sobre o proxecto "Un mundo de inventos". Representamos nunha liña do tempo os inventos máis importantes clasificados polas etapas da Historia. Contruímos coches, cohetes, instrumentos musicais, cámaras de fotos, abanos......


Canto traballamos!!!

visita a nosa web

VISITA A NOSA web

Exposición "Creamos cos froitos de outono"

Durante os días 28, 29 e 30 de outubro, estiveron expostos nos corredores do colexio os traballos feitos polos alumnos e alumnas en colaboración coas familias nos que. con grande maxinación, empregaron os froitos e materiais propios do outono.

Preme na imaxe para ver o vídeo

Grazas a toda a comunidade educativa pola súa participación!!.

 

Invitación exposición

Distribuir contido


by Dr. Radut