Skip to Content

Exposición "AS Olimpiadas na Grecia antiga"

O martes, día 29 de novembro, xa inauguramos a exposición sobre os Xogos Olímpicos antigos.

 A Biblioteca programaou para o presente curso unha serie de actividades que baixo o título " A LECTURA, DEPORTE DE AVENTURA" pretende relacionar a lectura coas olimpiadas, tendo en conta que o ano 2012 é ano olímpico e que será Londrés donde se celebren.

Neste primeiro trimestre, o alumnado traballou as olimpiadas na antiga Grecia.

Para rematalo, montamos unha exposición no Salón de actos cos traballos feitos polo alumnado: debuxos, pequenos libros, vídeos, murais, etc.

Esta exposición estará aberta, en horario lectivo, ata o 12 de decembro.
Nos próximo trimestres montaremos novas exposicións sobre o mesmo tema.

 

 

  Fotos da exposición e vídeo dos alumnos e alumnas de 5ºB

 

 

Descargar vídeo alumnos/as de 5ºB

sentímolo, flash non está dispoñible.



page | by Dr. Radut