Skip to Content

Premios

Postais seleccionadas, unha delas viaxará as vosas casas.

Pasade a ver todas as postais na entrada, nesta imaxe están as seleccionadas por nivel.

Achégase un merecido descanso, logo dun duro trimestre. Felices Festas!!

Alumnado con mención honorífica en 6º.

Clica na imaxe para ver ao 24% de alumnado de 6º curso que obtivo de media na avaliación ordinaria 9 ou superior.

Segundo o criterio do centro son os que levan a mención honorífica.

Parabéns tamén ao resto do alumnado que tamén traballou arreo e non puido levala. 

Entrega do galardón de Vigués Distinguido 2018 polo noso alcalde.

Entrega dos galardóns de vigués distinguido aos colexios públicos Fleming e Canicouva. Imaxe dun momento do acto.

Máis información no ATLÁNTICOFARO DE VIGO. LA VOZ DE GALICIA

 

Premio Vigolandia Nadal 2017

Carmen Barahona Malvar, alumna de 6º de primaria, foi distinguida no XI Concurso de Pintura de VIGOLANDIA, o parque de lecer que cada Nadal celébrase nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo – IFEVI. 

Abaixo a imaxe na entrega do premio.

Postais gañadoras por curso.

Postais gañadoras por curso, unha delas é a que viaxou ás casas das familias portando todo o cariño e os mellores desexos para estas datas. Non puido sair na foto o gañador de 2º,  Yago Díaz Pérez. 

Premio do concurso Rumbo ás Illas.

O grupo de 5ºA é o GAÑADOR do concurso Rumbo ás illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, co seu relato e foto-escena titulada "Un secuestro nas illas".  

Os participantes de 5ºD reciben no colexio o ACCESIT na categoría de 5ºcurso.

Parabéns a todos e todas.

Premio de debuxo Acqualia

A alumna de 5ºA, Laura López Franco, resultou premiada no concurso de debuxo de Acqualia. A súa aula foi invitada ao acto no Concello para acompañala na conmemoración do día mundial da auga. Na celebración, todos portaron un consello para facer un consumo responsable da auga, que foi atado e soltado nos globos.

Na foto do grupo é a segunda da dereita, sen gorra, xunto aos outros gañadores logo da recepción dos agasallos.

Parabéns!!

Premio do concurso "As cores do Nadal" do Concello de Vigo.

Alvaro Espiñeira co alcalde de Vigo na recepción do premio.

Felicitacións de Nadal coas postais gañadoras dos diferentes cursos.

En breve recibiredes a gañadora das gañadoras.

Parabéns a todos e todas!!

 

1ºA

Mariña García Corcoba

2ºA

Laura Vidal Delgado

3ºB

Lucas Alonso García

4ºC

Andrea Costas Díaz

5ºC

Mencía García Corcoba

6ºA

María Yang-Xin Sánchez Serodio

Distribuir contido


by Dr. Radut