Clases de EF do Fleming na instalación de Romil para cando.
Na imaxe está a zona de educación física que o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Fernández, adxudica para uso do Fleming na instalación de Romil, logo de comunicar que a parte inferior está cedida a unha empresa e é complicado mover as cousas, polo que non podemos compartila en horario de mañá, xa que pode haber problemas de seguridade.
Ver como está a zona actualmente.
A finais do curso 20-21, logo de aceptar o que será o noso espazo, entramos nesa parte superior mentras dábamos por feito que se estaban a solucionar os problemas de seguridade, que amosaremos abaixo, que foron tratados co citado Concelleiro nunha reunión na propia instalación na que tamén estaban os técnicos de deportes e o profesorado... pero todo quedou parado, a día de hoxe sen novas e comprobando que o Concelleiro de Deportes non está a facer nada, o profesorado definitivo do colexio comunica ao Claustro que dará clase ao aire libre ata que se arranxen os problemas, medida que foi informada pola dirección ao Consello Escolar o día 5 de outubro para procurar conxuntamente dunha solución satisfactoria.
En xeral hai varios aspectos a mellorar:
Perigos na entrada. Un dos primeiros problemas está no movemento de 25 nenos e nenas na subida. Se clicades nas imaxes veredes mellor o percorrido da fila no que un/unha mestre/a de EF que vai no inicio da mesma non pode ver que fai o alumnado nese desprazamento, o que nos leva a valorar que a varanda de cristal é baixa e que este peche das bancadas non é moi axeitado para frear os xogos de persoas dunha idade entre os 6 e os 12 anos, que non ven perigo por ningures.
Tamén se comenta que as columnas da zona central de movemento e xogo, brancas como todo o espazo, deben ser mellor sinalizadas para que non tropecen con elas.
Outro problema importante é o dos saíntes das xanelas de aluminio e das paredes de cristal, que pode abrir a testa de calquera que vaia correndo e caia sobre elas.
O Fleming está preocupado porque aumenta o malestar de toda a comunidade escolar... seremos quen entre colexio, familias, políticos e técnicos de dar unha solución a este problema?
Anexo | Tamaño |
---|---|
romil0.jpg | 144.26 KB |
paso_romil.jpg | 1.05 MB |
paso_romil2.jpg | 939.01 KB |
romil.jpg | 1.7 MB |
romil6.jpg | 94.96 KB |
romil5.jpg | 1.86 MB |