Skip to Content

Orde para o baremo comedor.

6. Selección e admisión de usuarios

Durante os meses de xuño e xullo do ano en curso os centros reunirán e ordenarán as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2022-2023, de xeito que, de existir máis solicitudes que prazas autorizadas no comedor escolar, o Consello Escolar, no marco establecido polo artigo 4 do Decreto 132/2013, revisará e baremará a totalidade das ditas solicitudes, avaliándoas, segundo dispón o artigo 7.5 da Orde do 21 de febreiro de 2007, de acordo coa seguinte orde de preferencia:

1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido. 

2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 1/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2021-2022.

3. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes. 

4. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

5. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.

6. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde. ESTE ALUMNADO DEBE ESPERAR Á FINALIZACIÓN DO PERIODO DE MATRÍCULA. 

7. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado.



page | by Dr. Radut