50 aniversario do colexio.
O MARTES 5 DE XUÑO É UN DÍA MOI IMPORTANTE DENTRO DAS CELEBRACIÓNS DO 50 ANIVERSARIO DO COLEXIO. Porque ás 16:30h. está invitado o persoal e a ANPA, recibiremos ás autoridades, antigos profesores e membros do persoal do colexio, para facer xuntos un pequeno percorrido pola exposición denominada "O doutor Fleming e a Ciencia" e recordar os momentos máis importantes vividos por uns e outros nestes 50 anos. Quedará inaugurada a exposición e parede do muro do patio de 1º e 2º que tamén está vinculado a este proxecto. As familias poderán visitar esta exposición nos días sucesivos de 9:00 a 9:30h. Ás17:00h. continuaremos coa festa-despedida do alumnado de 6º curso, que fará as delicias dos presentes. |
O MÉRCORES 6 DE XUÑO CELEBRAREMOS O 50 ANIVERSARIO CO ANTIGO ALUMNADO ÁS 19:00h.
Comezará o acto coa obra de teatro "Pilleite Carapuchiña" do alumnado de 6ºD e está invitado todo o profesorado... as familias dese curso poderán ver a actuación dos seus fillos/as.
O XOVES 7 DE XUÑO o alumnado de 2ºA invita ás súas familias ás 16:30h. para ver as obras de teatro: "A ratiña presumida" e a "Carapuchiña vermella".