Lectura conxunta de todo o alumnado, polo día do libro.
O día 23, día do libro, é unha celebración moi querida e potenciada dende o colexio.
O noso alumnado de cursos superiores participa de xeito activo e individual na lectura dun conto ao alumnado apadrinado, e logo elaboran unha actividade conxunta na que se traballan aspectos de comprensión, valores democráticos e artísticos.
Resultando un encontro cultural e afectivo nun contexto de convivencia.