Primeiro

CLUB DE CIENCIA 22-23

Un ano máis seguimos aprendendo moitas cousas sobre o espazo que nos rodea grazas ao club de ciencia. Cada ano nos gusta máis esto de facer experimentos...

OBRADOIRO DE COCIÑA

Os nenos e nenas do 1º ciclo puxémonos as botas no obradoiro de cociña.

Fixémos brochetas de froitas variadas en chocolate... que ricas estaban!!

Álbum: CURSO 22 -23 -> OBRADOIRO DE COCIÑA

LIBRO VIAXEIRO DAS PARROQUIAS

Os nenos e nenas de 1º nivel traballamos o "Libro viaxeiro das parroquias", no cal explicamos como é o lugar onde vivimos.

Nel escribimos as súas características físicas, número de habitantes, monumentos e lugares que ten, etc.

Ademáis colocamos fotos para que os nosos compañeiros/as poidan comprobar cómo é a nosa vila/pobo.

ANDREA MACEIRAS E DAVID RODRÍGUEZ

Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa" que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto Bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial, falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!!

Álbum: CURSO 22 -23 -> VISITA AUTORES CONVIDADOS

ESTE É TORIBIO

O alumnado de primeiro está traballando o autor que da nome á nosa escola: CARLOS CASARES.

Lemos e traballamos o conto "Este é Toribio". Debatimos sobre él e fixemos un libro cos debuxos elaborados polos nenos e nenas.

Quedounos moi bonito!!

3 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA E O ACOSO NA ESCOLA

A UNESCO designou o primeiro xoves de novembro de cada ano coma o Día Internacional contra a violencia e o acoso na escola, polo que, no noso centro, durante esa semana, estivemos a traballar sobre este tema a través do programa educativo "SOMOS ÚNIC@S"  da fundación Colacao, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade contra o acoso escolar.

Tamén saímos na tele. Na TVG "A REVISTA" en directo.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5874330?t=1277?t=1279

 Este é o seu decálogo.

Aqui vos deixamos o enlace aos xogos do programa "SOMOS ÚNICOS" da Fundación Colacao cos que estivemos a traballar na clase de Relixión. Esperamos que aprendades moito con estes xogos.

1º CICLO

    

2º CICLO

     

3º CICLO

      
 

EXPOSICIÓN 2022

Unha das actividades que caracterizan ao noso centro é a exposición de obxectos, preferentemente antigos,  que estean relacionados co tema do proxecto anual. Durante este curso escolar, o tema escollido ten que ver coa meteoroloxía e chamámoslle "METEOALXÉN". Somos conscientes de que non era un tema doado pero, unha vez máis, as familias do noso alumnado pensaron moitísimo e, pensando, pensando, atoparon unha morea de obxectos para expoñer. Ao final quedounos unha exposición ben chula.

MOITAS GRAZAS A TODOS!!

Álbum: CURSO 22 -23 -> EXPOSICIÓN METEOALXÉN

COCO-ALXÉN 2022

O venres 11 de novembro celebramos na escola o noso xa tradicional concurso de cabazas chamado Coco -Alxén. Foron moitas as presentadas ao concurso, tantas, que o noso xurado tivo moi difícil a elección de gañadoras. 

Iso si, o premio especial levárono aquelas relacionadas co proxecto do cole, este ano "METEOALXÉN", no era un tema doado pero ainda así o noso alumnado deulle aos miolos e sairon cousas preciosísimas. Botádelle un ollo á nosa galería de fotos.

Álbum: CURSO 22 -23 -> COCO - ALXÉN

AIRIÑOS DE OUTONO

O alumnado de 1º nivel estréase na nosa radio escolar con este programa tan bonito de adiviñas, e palabriñas que aprenderon no que vai de curso. Traballaron moitísimo e aprenderon un montón! Estaban moi nerviosos e nerviosas pero fixérno xenial! Escoitádeos!

BOA ESCOITA

Distribuir contido