Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

 

 

 

"De aquí para alá, coas emocións"

O alumnado de educación infantil asistiu ao Concerto didáctico: "De aquí para alá, coas emocións". Fermosa viaxe dunha bolboreta a través de diferentes ritmos, que dá a volta ao mundo.  Acompañados de xéneros musicais como a bossa nova, o rap, a salsa, o reggae ou o ska a bolboreta conseguiu recuperar as súas cores, cada unha delas representando diferentes emocións. Todo elo da man de catro artistas sobre o escenario con proxeccións de animacións audiovisuais. Fabuloso concerto!

 

 

PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DO PATIO

Chega unha nova fase para o proxecto de dinamización do patio coa participación do centro no programa: "Muros que unen" que organiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e, co que colabora o Concello de A Coruña.

Estará formado por 3 murais cunha temática que responde o obxectivo do desarrollo sostible (ODS), buscando promover un consumo responsable, valorar a acción climática e a protección dos océanos. Todo elo formando parte da iconografía mariña que identifica o noso centro.

Aquí temos o primeiro:

 

 

 

 

 

Na barra lateral dereita podedes acceder a todas as fases deste proxecto de dinamización do noso patio.

INFORMACIÓN SOBRE BECAS COMEDOR MUNICIPAIS

 

Tesouros de María Pita

O alumnado de 2º de educación primaria vivíu unha nova inmersión pirata, neste caso da man da actividade: "Tesouros de María Pita".

 

TESOUROS DE MARÍA PITA

Sementar Sementarei

O alumnado de 3º de educación primaria continúa co coidado da nosa hortiña. Coa chegada da primavera plantamos novas sementes, encántanos!

 

 

A sachar todo o mundo!

 Este curso escolar iniciamos un proxecto interxeracional en colaboración coa Cruz Vermella. Un grupo de "labregas e labregos" que nos guía no coidado da nosa hortiña. O alumnado de 2º de educación primaria é o encargado de realizar esta actividade con eles e despois, guiarnos ao resto dos cursos sobre as nosas tarefas diarias de coidado e mantemento da nosa hortiña. Sen dúbida, unha das actividades mais significativas deste curso pola súa continuidade e unión, permitindo divertidas actividades interniveis. 

 

Grazas "labregas e labregos". A sachar todo o mundo!

 

HIstorias de María Pita

 

O alumnado de 5º de educación infantil participou na ruta "Historias de María Pita" con actividades interactivas que lles permitiron coñecer en profundidade este espazo tan singular da nosa cidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut