Skip to Content

A sachar todo o mundo!

 Este curso escolar iniciamos un proxecto interxeracional en colaboración coa Cruz Vermella. Un grupo de "labregas e labregos" que nos guía no coidado da nosa hortiña. O alumnado de 2º de educación primaria é o encargado de realizar esta actividade con eles e despois, guiarnos ao resto dos cursos sobre as nosas tarefas diarias de coidado e mantemento da nosa hortiña. Sen dúbida, unha das actividades mais significativas deste curso pola súa continuidade e unión, permitindo divertidas actividades interniveis. 

 

Grazas "labregas e labregos". A sachar todo o mundo!

 



page | by Dr. Radut