Este curso escolar iniciamos un proxecto interxeracional en colaboración coa Cruz Vermella. Un grupo de "labregas e labregos" que nos guía no coidado da nosa hortiña. O alumnado de 2º de educación primaria é o encargado de realizar esta actividade con eles e despois, guiarnos ao resto dos cursos sobre as nosas tarefas diarias de coidado e mantemento da nosa hortiña. Sen dúbida, unha das actividades mais significativas deste curso pola súa continuidade e unión, permitindo divertidas actividades interniveis.
Grazas "labregas e labregos". A sachar todo o mundo!
O alumnado de 5º de educación infantil participou na ruta "Historias de María Pita" con actividades interactivas que lles permitiron coñecer en profundidade este espazo tan singular da nosa cidade.
Incrible experiencia lúdica e de investigación grazas a este Escape RooM no que descubrimos mais información sobre as principais aportacións á nosa Comunidade de mulleres tan icónicas e representativas como: Rosalía de Castro, Maruxa Mallo, Concepción Arenal, María Pita e Isabel Zendal.
Grazas a ANPA Berbiriana por facelo posible.
Para o alumnado de educación infantil, dende a Biblioteca Municipal de Monte Alto prepararon este fermoso contacontos.
8M - Alumnado de 1º E.P.
A miña nai, irmá, avoa, madriña, tia, amiga ... a muller mais importante da miña vida - 4º E.I.