Buscando a maior comodidade de todo o alumnado do centro e tendo como referente os cursos de pandemia onde as entradas se realizaban desta forma con moi bo resultado; en xuño aprobouse en reunión de claustro e consello escolar a modificación do lugar de entrada do alumnado de educación infantil.
Dende o 11 de setembro o alumnado de educación infantil entrará pola porta do xardín. Non é preciso que fagan fila. Unha mestra de garda abrirá a porta ás 9.00 e o alumnado será acompañado polas titoras a súa aula.
A porta permanecerá aberta ás familias de educación infantil ata as 9.10 horas, o que permitirá que se tedes fillas/os tamén en educación primaria, podades deixalos abaixo primeiro ou, a inversa, xa que a porta de educación primaria tamén estará aberta ata as 9.10 horas.
As entradas do alumnado de educación primaria seguirán realizandose pola porta principal do centro, a porta do patio, que abrirá as 8.50 horas e, ata que accedan ao interior do edificio, implicará a custodia do alumnado por parte dos pais/nais/titores. As 9.00 sonará a sinal de entrada e un mestre de garda guiará as subidas das filas.
É moi importante que respectedes as zonas de entrada de cada unha das etapas, permitindo así que ningunha alumna ou alumno se dirixa a súa aula sen o acompañamento do seu grupo clase ou da mestra/e de garda.
As saídas seguen a ser todas pola porta principal, a porta do patio.
Agradecemos a vosa colaboración, todos os cambios que se van realizando co paso dos cursos escolares teñen un só obxectivo, facilitar e adaptarnos as características do noso alumnado ano tras ano.